Infección de transmisión sexual: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo lingua
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 25:
*As dúas formas máis comúns de [[herpes]] teñen orixe nunha infección por mor do [[virus do herpes simple]]. O virus da variedade 1 contáxiase oralmente e provoca herpes labial, mentres que o da variedade 2 contráese por medio de contacto sexual e afecta os xenitais. Porén, ámbalas dúas cepas do virus poden afectar a calquera dos dous sitios.<ref>http://www.webmd.com/genital-herpes/guide/genital-herpes-basics</ref> Algunhas persoas son asintomáticas ou presentan síntomas moi febles. Aqueles que experimentan síntomas normalmente percíbenos entre 2 e 20 días despois da exposición ao virus e dura entre dúas e catro semanas. Os síntomas poden incluír vexigas, dor de cabeza, dor de costas, sensación de proído ou formigueo nos xenitais ou na zona anal, dor durante a micción, síntomas gripais, inflamación das glándulas ou febre. O herpes contáxiase por medio do contacto cutáneo coa persoa infectada. O virus afecta as áreas onde entra no corpo. Isto pode acontecer con bicos, sexo vaxinal, sexo oral e anal. O virus é máis infeccioso durante o tempo no que os síntomas son visíbeis, aínda que as persoas asintomáticas poden espallar o virus co contacto coa pel.<ref>{{cite web|url=http://www.avert.org/herpes.htm|title=Herpes |publisher=Avert.org |accessdate=2013-06-30}}</ref> A primeira vez que unha persoa é contaxiada é a peor, xa que o corpo non ten anticorpos para facerlle fronte ao virus. Despois da primeira vez, os síntomas poden ser máis leves ou mesmo inexistentes. Non hai cura para a doenza mais existen medicamentos antivirais para tratar os síntomas e reducen os riscos de transmisión ([[Valaciclovir|Valtrex]]). Aínda que a cepa 1 é tipicamente a versión "oral" do virus e a 2 a "xenital", unha persoa coa cepa 1 na boca pode transmitir o virus á súa parella nos xenitais. O virus, sen importar o tipo, pode asentarse nun nervio da parte superior da columna vertebral e producir o brote "oral" ou na parte inferior da columna producindo o brote "xenital".
*O [[virus do papiloma humano]] (VPH) é a doenza de transmisión sexual máis común dos [[Estados Unidos de América]].<ref>{{cite web|url=http://familydoctor.org/familydoctor/en/diseases-conditions/human-papillomavirus-hpv.html |title=Human Papillomavirus (HPV) &#124; Overview |publisher=FamilyDoctor.org |date=2010-12-01 |accessdate=2013-06-30}}</ref> Existen máis de corenta cepas do virus e as máis das veces non causan problemas de saúde. No 90% dos casos, o [[sistema inmunolóxico]] do corpo elimina a infección de xeito natural en arredor de dous anos.<ref>{{cite web|url=http://www.cdc.gov/std/hpv/stdfact-hpv.htm |title=STD Facts - Human papillomavirus (HPV) |publisher=Cdc.gov |accessdate=2013-06-30}}</ref> Nos casos nos que o corpo non elimina a infección poden aparecer verrugas xenitais (vultos arredor dos xenitais que poden ser grandes ou pequenos, elevados, planos ou con forma de coliflor) ou mesmo [[cancro cervical]] e outros tipos de [[cancro]] relacionados co virus. Os síntomas non adoitan aparecer até que a doenza non se atopa en estadios máis avanzados. É importante para as mulleres facer [[citoloxía vaxinal|citoloxías vaxinais]] para previr e tratar os casos de cancro. Tamén existen [[vacina]]s dispoñíbeis para mulleres como [[Cervarix]] e [[Gardasil]], que as protexen contra os tipos de VPH que causa cancro cervical. O VPH pódese contaxiar por medio de contacto xenital así como durante o sexo oral. É importante lembrar que a parella infectada non ten porqué amosar síntomas.
*A [[gonorrea]] está provocada por unha bacteria que vive na maioría das membranas da [[uretra]], [[vaxina]], [[recto]], [[boca]], [[gorxa]] e [[ollo]]s. A infección pódese contaxiar polo contacto co pene, a vaxina, a boca ou o ano. Os síntomas adoitan aparecen despois de dous ou cinco tralo contacto coa persoa infectada, aínda que algúns homes non amosan síntomas até pasado un mes. Entre eles inclúense dor e sensación de queimarse durante a micción, un incremento da frecuencia e necesidade de mexar, secrecións do pene (de cor branca, verde ou amarela), uretra inflamada, testítulos inflamados e sensíbeis e dor de gorxa. Nas mulleres os síntomas inclúen secreccións da vaxina, proído e sensación de queimarse durante a micción, relacións sexuais dolorosas, dor severa baixo o abdome (se a infección chega ás [[trompa de falopio]]) ou febre (se a infección chega ás [[trompa de falopio]]). Porén, moitas mulleres non amosan síntomas.<ref>{{cite web|url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmedhealth/PMH0004526/ |title=Gonorrhea - National Library of Medicine - PubMed Health|publisher=Ncbi.nlm.nih.gov |accessdate=2013-06-30}}</ref> Existen cepas de gonorrea [[resistencia a antibióticos|resistentes]] ao tratamento con antibióticos, mais a maioría poden curarse.
[[Ficheiro:SyphilistischeZiekten.jpg|miniatura|240px|Sífilis secundaria.]]
*A [[sífilis]] é unha doenza de transmisión sexual causada por unha bacteria. De non tratala, pode traer maiores complicacións e mesmo provocar a morte.<ref>{{cite web|url=http://www.cdc.gov/std/syphilis/stdfact-syphilis.htm |title=STD Facts –Syphilis |publisher=Cdc.gov |accessdate=2013-02-18}}</ref> As manifestacións clínicas da sífilis son a aparición de úlceras no tracto uro-xenital, na boca e no recto. Se non se tratan os síntomas empeoran. Nos últimos anos, a prevalencia da doenza diminuíu en [[Europa Occidental]], mais aumentou na [[Europa do leste]] e nos [[Estados Unidos de América]].<ref name="ClementOkeke2014">{{cite journal|last1=Clement|first1=Meredith E.|last2=Okeke|first2=N. Lance|last3=Hicks|first3=Charles B.|title=Treatment of Syphilis|journal=JAMA|volume=312|issue=18|year=2014|pages=1905|issn=0098-7484|doi=10.1001/jama.2014.13259}}</ref> Unha alta incidencia da sífilis pode atoparse en países como [[Camerún]], [[Cambodja]] e [[Papúa Nova Guinea]].<ref>{{cite web|url=http://www.who.int/docstore/hiv/GRSTI/005.htm |title=Syphilis |publisher=Who.int |accessdate=2013-02-18}}</ref>