Reino suevo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 128:
== Historia ==
[[Ficheiro:Galician-suevic-kingdom.png|esquerda|tumb|300px]]
Os suevos, procedentes do interior de [[Europa]], concentráronse á súa chegada á Península Ibérica entre o [[río Douro|Douro]] e o [[Río Miño|Miño]], na zona de influencia de [[Braga]]. Os demais pobos invasores canda os suevos repartíronse o territorio: os [[vándalos silingos]] ocuparon a Bética, os suevos a zona occidental da [[Gallaecia]] e os [[vándalos asdingos]] ocuparon a parte leste. Os suevos nomearon rei a [[Hermerico]] ([[409]]-[[438]]) e estableceron o seu reino no citado territorio. É posible que Hermerico asinara un [[foedus]] con Roma no 410 ou 411, mais a distribución dos pobos bárbaros verase alterada por mor da intervención dos [[visigodos]], entre os anos 418 e 421, que axudaron ó emperador [[Flavio Honorio|Honorio]] a botar fóra ós vándalos silingos e mailos [[alanos]]. No ano 420 os vándalos asdingos, con [[Gunderico]] á cabeza, atacan ós suevos, o que provoca unha nova intervención romana en axuda ós suevos<ref>Destaca a intervención do ''Comes Hispaniorum'' [[Asterius]]. ''[http://www.jstor.org/pss/1089094 The carrer of Comes Hispaniarum Asterius]'', Michael Kulikowski {{En}}.</ref>. Os vándalos bátense en retirada cara oao sur, deixando o sitio para os suevos, que terán, agora si, un reino que abranga toda a antiga provincia romana da [[Gallaecia]].
 
Durante todo o [[século V]] os enfrontamentos entre os suevos e a aristocracia galaico-romana foron habituais. Debido á súa enfermidade, [[Hermerico]] abdicou no ano 438 en favor do seu fillo [[Requila]] ([[438]]-[[448]]), quen emprendeu unha política expansiva que fixo que os suevos se consolidasen no norte da [[Lusitania (provincia)|Lusitania]]. Oficializou a capital do reino en [[Braga]], e espallou o reino cara oao sur, conquistando [[Mérida, España|Mérida]], a capital da Lusitania, no ano 439 e chegando a tomar [[Sevilla]] no ano 441. A Requila sucedeuno [[Requiario]] ([[448]]-[[456]]), primeiro rei suevo nado en territorio galaico, que adoptou o catolicismo no [[449]], o que produciu unha pronta fusión entre a poboación xermánica e a galaicorromana.<ref name=":0">{{Cita libro|título=Grandeza e decadencia do reino de Galicia|apelidos=González López|nome=Emilio|editorial=Editorial Galaxia|ano=1978|ISBN=8471543036|ref=}}</ref> No ano 456 tivo lugar a [[batalla do río Órbigo]], que enfrontou a [[suevos]] e [[visigodos]], os cales loitaban contra o expansionismo suevo. Os visigodos derrotaron aos suevos, o que tivo como consecuencia o asasinato de Requiario e o saqueo de Braga polos visigodos.
 
[[Ficheiro:wikiMaioriano.png|dereita|tumb|400px|[[Sunierico]] iniciou a conquista de Hispania cun exército romano-visigodo por orde do emperador [[Maioriano]]]]
Liña 153:
 
A relación coa plebe suponse que foi máis irta que coa aristocracia, á que máis que nada lle interesaba manter a súa posición. Pola súa banda a Igrexa mantivo unha posición receptora, ocupándose máis dos seus asuntos internos, como a enorme influencia do [[priscilianismo]] en terras galaicas. Os suevos, pola súa parte, non interviron nos asuntos relixiosos. Cabe destacar que os bispos recibirán poder civil, preservando así a influencia do mundo romano ante a presenza sueva. Moita importancia ten a redacción do ''[[Parrochiale suevum]]'', datado na segunda metade do século VI e onde se reflicte a organización administrativa e eclesiástica do Reino suevo da Gallaecia, contendo unha relación de 134 [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]]s agrupadas en trece [[diocese]]s (ademais menciónase a diocese ''Britoniarum'', que tamén aparece mencionada canda ó seu bispo [[Mailoc]] no [[Segundo Concilio de Braga]]<ref>[http://www.thelatinlibrary.com/martinbraga/concilium2.shtml Texto do II concilio bracarense.]</ref>). O manuscrito indica ademais a existencia de ''pagus'' ([[distrito]]s) especificamente suevos.
 
Os concilios nacionais suevos tiveron unha importancia capital no labor lexislativo e administrativo, ao organizar os bispados galaicos antigos, crear outros novos e determinar as parroquias de cada un destes bispados. Así, a estrutura parroquial de Galiza provén da organización que lle deron, por orde dos reis [[Teodomiro dos Suevos|Teodomiro]] (aconsellado por [[Martiño de Dumio|san Martiño]]) e [[Miro]], estes concilios. Polo tanto, dividiuse o reino suevo en dúas áreas metropolitanas: unha, a antiga, a de Braga; e outra, a moderna, en Lugo.<ref>{{Cita libro|título=Études historiques sur la Galice et le Portugal du VIe au XIIe siècle|apelidos=David|nome=Pierre|editorial=Les Belles Lettres|ano=1947|ISBN=|ref=}}</ref>
 
Após destas reformas había trece bispados no reino suevo: [[Diocese católica latina de Astorga|Astorga]], [[Arquidiocese católica latina de Braga|Braga]], [[Diocese de Britonia|Britonia]], [[Diocese católica latina de Coímbra|Coímbra]], [[Diocese de Dumio|Dumio]], [[Diocese católica latina da Guarda|Idanha]], [[Diocese de Iria|Iria Flavia]], [[Diocese católica latina de Lamego|Lamego]], [[Diocese católica latina de Lugo|Lugo]], [[Diocese católica latina de Porto|Porto]], [[Diocese católica latina de Ourense|Ourense]], [[Diocese católica latina de Tui-Vigo|Tui]] e [[Diocese católica latina de Viseu|Viseu]].<ref name=":0" />
 
== Fontes ==
[[Ficheiro:Requiario rey suevo.jpg|miniatura|upright|140px|Estatua de Requiario na fachada leste do piso principal do Palacio Real de Madrid.]]
Carecemos de documentos do reino propiamente ditos, diplomas, como na maior parte dos estados xermánicos desta época, pero temos varias fontes cronísticas coetaneas. A fundamental é ''O Cronicón'' de Hidacio onde os suevos ocupan un papel central e malia á visión moi negativa do autor informa de varias circunstancias históricas deles de primeira man. Na ''Historia'' de [[Orosio]], tamén do [[século V]], conta un pouco menos xa que pretende ser unha historia do mundo pero relata cousas da contorna galega do autor. Xa do [[século VI]] contamos con varias obras de tipo cronístico ([[Xoán de Biclaro]] e [[Isidoro de Sevilla]]), literario ([[Martiño de Dumio|san Martiño]], [[Gregorio de Tours]], Venancio Fortunato) e mesmo as actas (ou semellante) dos tres concilios suevos. Son especialmente valiosas as actas do [[Primeiro Concilio de Braga]] e do [[Segundo Concilio de Braga]] (ambos presididos por Sansan Martiño). Tamén é unha fonte excepcionalmente valiosa sobre a época o [[Parrochiale Suevum|''Parrochiale suevum'']] que é unha organización territorial do reino que deberá formar parte das actas dun suposto concilio en [[Lugo]]. Outras fontes valiosas son as [[numismática]]s. Nas moedas de [[Requiario]] aparece por primeira vez a cara dun rei xermánico no lugar onde ata o momento aparecía o emperador romano. E noutras a lenda ''gallica mvnita'' sinala que o reino era do territorio de Gallaecia superando os estreitos marcos étnicos propios das primeiras monarquías xermánicas.
 
Tamén nos falan do reino os xacementos arqueolóxicos. Apareceron [[necrópole]]s e outros asentamentos que enlazan co baixo imperio romano e mostran a relevancia cultural e poboacional da época, tanto como a súa conexión ininterrompida coas fases inmendiatamente posteriores e anteriores.
Liña 164 ⟶ 168:
Pero tamén cronistas, historiadores e vexioloxistas comezarán neste tempo a ser demandados para redactar documentos históricos e xenealóxios —ás veces reais, e as máis das veces fantásticos— polas administracións dos diferentes reinos para probar a súa antigüidade e prestixio, e aínda tamén pola mesmísima corte, co fin de redactar historias que ensalzaran a súa ascendencia e o seu suposto glorioso e cristián pasado. Un destes destacados xenealoxistas foi [[Rodrigo Méndez Silva]], controvertido cronista da corte madrileña e redactor de entre outras obras da ''Catálogo real genealógico de España: ascendencias y descendencias de nuestros Catolicos Principes y Monarcas Supremos'', na cal este autor, chegaba a afirmar que o primeiro rei de España fora Túbal, un dos fillos do bíblico Noé, o cal en palabras deste cronista tería reinado durante 155 anos, miles de anos antes de Cristo. Méndez Silva foi ademais o primeiro que puxo en circulación a fábula que atribuía aos reis suevos un estandarte formado por un ''dragón verde en campo de oro'' (ano [[1645]])<ref>[http://books.google.es/books?id=-isPoHEZKj8C&lpg=PT408&ots=fKROZIXdpS&dq=%22drag%C3%B3n%20verde%20en%20campo%20de%20oro%22%2C%20poblaci%C3%B3n%20general%20de%20espa%C3%B1a&hl=es&pg=PT408#v=snippet&q=oro%20vn%20&f=false Poblacion general de España: sus trofeos, blasones, y conquistas heroycas. Rodrigo Méndez Silva]</ref>. Desde entón, serán varias e dispares as formas e armas que os diferentes xenealoxistas lles adxudicarán aos reis suevos; así, na ''Historia de Don Servando'', déixase claro que as armas dos reis suevos foran ''treis jaqueraidas douro et rouxo no Campo de prata; e no meo outra faxinha Douro'', mentres que para a [[Xunta Xeral do Reino de Galicia]] ([[1669]]) o estandarte dos reis suevos fora un ''Dragón verde y León rojo''.
 
Malia a intención dos autores de establecer unhas vellas armas para Galicia, baseadas na monarquía sueva, tales armas heráldicas non aparecen en ningún dos documentos que se coñecen do período suevo nin tampouco en ningunha das centenares de moedas suevas conservadas ata o de agora, lugar —o adverso das moedas— que pola circulación representaba o primeiro e máis importante lugar onde a realeza plasmaba os seus símbolos. No lugar destas representacións descritas mil cen anos despois da fin da monarquía sueva, as moedas suevas amosan unha acuñación diferente (similar ao resto de moedas europeas do seu tempo); unha cruz —latina ou grega— central, rodeada dunha coroa de [[loureiro]]. Na actualidade, historiadores e vexioloxistas adicados á ciencia heráldica parecen estar de acordo en que as armas do reino de Galicia non naceron antes do século XIII, ao tempo que o resto da grangrande heráldica europea, na baixa [[Idade Media]], sendo fidedigna testemuña o coñecido armorial "Segar´s Roll", o primeiro documento que amosa as armas que Galicia que aínda persisten ata a actualidade, cunha historia de mais de setecentos anos.
 
== Notas ==