Jean-Baptiste Lamarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 143:
Lamarck considera que os seres vivos máis simples, os "[[infusorio]]s", aparecen por [[xeración espontánea]]. Estes seres son pequenas masas xelatinosas con algúns movementos de fluídos internos, provocados pola calor. A simplicidade da súa organización permítelles aparecer espontaneamente, como o produto natural das leis físicas. A partir destes seres moi simples, fórmanse seres un pouco máis complexos, beneficiándose da organización dos primeiros que se lles transmitiu polo que chamou despois [[August Weismann]] a herdanza dos caracteres adquiridos (véxase más abaixo). A partir deles fórmanse outros aínda máis complexos, e así sucesivamente, até chegaren a formas de seres vivos tan complicados como os mamíferos e o home. E iso sen facer mención a outra cousa que ás leis da física.
 
Pódese comprender a tendencia á complexidade das especies, é dicir, a aparición das ordes, clases e ramificacións, como unha consecuencia do crecemento autocatalítico do movemento dos fluídos, primeiro no individuo, despois a través das xeracións sucesivas. Este movemento que é responsábel da organización do ser vivo, e do seu crecemento, sendo a causa do aumento da complexidade desta organización no curso do [[desenvolvemento embrionario]] do individuo, non fai máis que prolongar este principio a través das xeracións, á favor da herdanza dos caracteres adquiridos. A [[reprodución]] serve de enlace entre as etapas sucesivas necesarias á natureza nas súas producións a falta dunha ''complexificacion'' continua dun só ser (el mesmo ligado ao endurecemento dos tecidos no momento do desenvolvemento). O aumento da complexidade das especies reponse entón no mesmo principio que a complexidade progresiva do organismo no curso do desenvolvemento; un prolóngase no outra a través das xeracións.
 
Lamarck diferencia o [[animal]] do [[vexetal]] polo feito de que os tecidos do primeiro son ''irritábeis'', mentres que os do segundo no o son. A irritabilidade é a facultade de resposta, por unha contracción, a calquera estimulación. Entre os animais, a principal consecuencia da irritabilidade dos tecidos é unha ''interiorización da causa excitante dos movementos de fluídos'', sobre todo nos animais superiores. Estes son entón moito menos dependentes do medio exterior que os animais inferiores e que os vexetais, para todo o que concirne aos movementos de fluídes. Así a vida dos animais superiores adquire unha maior [[Bioloxía|autonomía]] con relación ao medio, o que ten consecuencias importantes para a transformación das especies.