Liber pontificalis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Humanismo (filosofía)
Liña 5:
O núcleo do libro é unha serie de entradas biográficas breves dos papas até o [[século IX]] dispostas cronoloxicamente. Cada unha delas consiste basicamente no número de anos de servizo (de onde se deducen as datas de reinado), lugar de nacemento, parentesco, [[emperador]]es correspondentes, construcións de edificios (especialmente igrexas), [[ordenación]]s, pronunciamentos principais, lugar de enterramento e tempo transcorrido até a consagración do seguinte papa electo.
 
O propio proceso de redacción desbota o ''Liber pontificalis'' como [[fonte histórica]] fiábel, posto que a obra tivo dúas fontes principais: o ''Catalogus Liberianus'' ([[354]]) e un ''Index'', listaxe de papas transmitida e completada por diversos autores a partir do antipapa [[Hipólito, antipapa|Hipólito]] ([[235]]). A este núcleo fundamental engadíronselle outros materiais: enumeración das construcións realizadas polos papas, listaxes de doazóns etc. Nos séculos [[século VI|VI]] e [[século VII|VII]] foise actualizando con novas biografías, de extensión cada vez maior. Aproximadamente entre o [[pontificado]] de [[Honorio I, papa|Honorio I]] e o de [[Hadrián II, papa|Hadrián II]] as entradas son contemporáneas, redactadas pouco despois da morte de cada papa. En [[1479]], [[Bartolomeo Platina]] redactouno todo de novo en estilo [[Humanismo (filosofía)|humanista]] e completouno, chegando até [[Paulo II, papa|Paulo II]] ([[1464]]-[[1471]]).
 
{{Control de autoridades}}