Gallaecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Orixe ==
Os romanos déronlle o nome de ''Gallaecia'' ao noroeste da Península Ibérica polos [[callaeci]], que constituían unha amálgama de pobos máis ou menos celtizados que vivían entre o [[río Douro|Douro]] e o [[río Miño|Miño]], que os romanos coñecen por vez primeira coa chegada de [[Décimo Xunio Bruto Galaico|Décimo Xunio Bruto]] ao norte do [[río Douro]] no [[-137|137]] a. C. Décimo Xunio Bruto, quen recibiu o sobrenome de ''Galaicus'', continuou a súa expedición cara oao norte, sometendo ós pobos castrexos, ata chegar ó [[río Limia]], considerado o ''Lethes'' ou río do esquecemento. Alí vence a superstición e continúa ata o [[río Miño]] onde se detivo. Como resultado deste primeiro acercamento o territorio costeiro entre o Douro e o Miño quedou explorado e sometido, mal que ben, a control romano. A partir de entón a sociedade indíxena galaica comeza a recibir influxos romanos, realizando xa intercambios comerciais directamente con [[Imperio Romano|Roma]].
 
Os [[galaicos]] fan a súa entrada na historia escrita no século I d. C. na épica [[Púnica]] de [[Silio Itálico]] sobre a [[Primeira Guerra Púnica]] dun xeito que aínda hoxe nos é familiar, dous mil anos despois:
 
{| style="background:snow"
Liña 17:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Bellum-Asturicum-Cantabricum.png|dereita|miniatura|335px|Campañas romanas no noroeste peninsular
{{legend|#C878B2|D. X. Brutus no ano 137 a. C.}}
{{legend|#FFCD33|César no 61 a. C.}}
{{legend|#52BA65|Campaña do ano 26 a. C.}}
{{legend|#EE1E3A|Campaña do ano 25 a. C.}}]]
Os Callaeci (Καλλαικοί "kallaikoi" en [[lingua grega|grego]]) enfróntanse ás forzas romanas no [[-137|137]] a. C. nunha batalla no [[río Douro]], que resulta unha derrota para eles e [[Décimo Xunio Bruto Galaico|Décimo Xunio Bruto]] volta vencedor, e recibe do Senado o título de ''Callaecus''. Décimo Xunio Bruto non pretendeu ocupar a zona sur da Galiza para conseguir riquezas, senón que levou a cabo unha expedición de castigo contra este pobo, que se dedicaba a realizar incursións bélicas e de saqueo na área lusitana.
 
Partiu do [[Portus Cale]], que se corresponde co actual [[Porto, Portugal|Porto]]. As súas lexións avanzaron pola costa co apoio da frota e ocuparon unha serie de castros costeiros. Estableceu unha guarnición no lugar da actual [[Valença, Portugal|Valença]] e despois internouse cara a [[Braga]]. Após dunha batalla vitoriosa avanzou cara oa Limia e ocupou a cidade de [[Lansbricae]], para cruzar posteriormente o riorío Miño.
 
Estas campañas non tiveron unha grande importancia e limitáronse a unha zona xeográfica moi concreta: o sur da Gallaecia, con especial incidencia na zona costeira.
 
O mesmo xuízo histórico merecen unha serie de expedicións posteriores coma as do procónsul da Ulterior, Publio Craso, do [[-96|96]] — [[-94|94]] a. C., que realizou unha expedición na pescuda das [[illas Casitérides]] e as súas minas de estaño, abrindo as rutas de comercio deste mineral. No [[-62|62]] a. C. é o propio [[Xulio César]] quen visita Gallaecia movido polo seu desexo de obter riquezas, chegando ata o [[golfo Ártabro]] e abandonando esta terra por ''[[Brigantium]]''.
 
Pero a conquista definitiva do noroeste da península non se realizará ata o emperador [[Augusto]] entre o [[-26|26]] e o [[-19|19]] a. C. no contexto das [[guerras cántabras]].
 
Ao primeiro, Augusto inclúe o territorio da actual [[Galicia]] na [[Lusitania (provincia)|Lusitania]], pero xa no [[-13|13]] a. C. pasa á [[Hispania Citerior]]. O mesmo Augusto, reforma a división provincial de [[Hispania]] no [[-27|27 a.C]], asignando a Gallaecia á provincia [[Tarraconense]]. Con [[Caracalla]] quizais formou parte, xa con [[Asturias]] e [[Cantabria]], da [[Hispania Nova Citerior Antoniana]] ([[214]]), pero non foi ata a reforma administrativa e militar de [[Diocleciano]] —quen dividiu [[Hispania]] no [[298]] en sete provincias— que se constitúa a provincia da Gallaecia.
 
[[Ficheiro:Gallaecia.png|miniatura|esquerda|200px|Límites da Gallaecia tras a división de [[Diocleciano]] no [[298]].]]
[[Ficheiro:Modio de Ponte Puñide (M.A.N. 1930-16-1) 01.jpg|miniatura|dereita|[[Modio de Ponte Puñide]], [[século IV|s.IV]].]]
O sistema básico no organigrama político son as ''civitates'': entidades baseadas na organización prerromana, posiblemente cunha orixe étnica común, con amplas semellanzas e pode ser que cunha lingua común. Estas entidades integraban certo número de ''[[castella]]'', dos que existen diversas interpretacións sobre a súa función social e política.
 
Liña 54:
* O '''[[Conventus asturicensis]]''', con capital en [[Asturica Augusta]] ([[Astorga]]).
 
=== Séculos IV e V d. C. ===
[[Ficheiro:GallaeciainWesteastRome.PNG|miniatura|Extensión da provincia romana de ''Gallaecia'' (nome latino de Galicia) a finais do [[século IV]] dentro do [[Imperio Romano de Occidente]].]]
[[Ficheiro:Galicia - Quiroga Chi Rho.jpg|miniatura|200px|esquerda|[[Réplica]] do [[Crismón de Quiroga]] no [[Gallaecia Petrea]].]]