Cidade de Guatemala: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Zonas: Bot: Arranxos varios
Liña 89:
O centro da cidade de Guatemala está actualmente nun período de decadencia onde se concentrou poboación inmigrante provinte de Asia, África, outra partes de Centroamérica e o Caribe principalmente nos arredores do casco histórico da cidade, no entanto a concentración dos centros económicos e financeiros que albergan oficinas internacionais estendeuse cara ao sur da capital guatemalteca podéndose atopar o desenvolvemento da metrópole nas zonas 4, 5, 7, 9, 10, 11, 12, 13, 14 e 15. Nas devanditas zonas atópanse grandes edificios destinados a oficinas financeiras; as fábricas da cidade concéntranse na súa maioría na zona 12, sendo esta a máis contaminada da cidade, porén novos proxectos urbanísticos colocaron ás contaminantes fábricas nas cercanías das estradas cara ao [[Océano Pacífico|Pacífico]] e ao [[Océano Atlántico|Atlántico]], e o que será o gran proxecto do anel metropolitano.
 
Grandes áreas comerciais constrúense en distintos puntos da capital. Con todo, cabe destacar o complexo urbanístico do Parque Comercial Las Majadas, que agrupa a área comercial máis grande do país xa que nel se atopan 15 centros comerciais, entre eles o Centro Comercial Miraflores e o Hipermercado Hiper Paiz, que rexistra as maiores vendas por metro cadrado de Guatemala.
 
A cidade ofrece unha das carteiras de diversión máis grandes do país enfocadas na denominada zona viva e calzada Roosevelt, así coma en catro graos norte. A cidade ten unha cultura de aceptación á cultura [[homosexual]], polo que é notorio atopar o turismo adicado a este grupo social, así coma varios restaurantes e festas nos principais hoteis da capital guatemalteca. A actividade de casinos é grande e posúe varios sitos en distintos puntos da zona viva, malia que este mercado está aínda en fase de iniciación.