Renacemento do século XII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 83:
A comezos do século XIII había bastantes boas traducións latinas das principais obras de case todos os autores antigos cruciais, o que permitiu a transferencia de ideas científicas, tanto a través das universidades como dos mosteiros. Daquela, as [[ciencias naturais]] contidas nestes textos comezaban a ser divulgadas polos máis notábeis [[escolástico]]s como [[Robert Grosseteste]], [[Roger Bacon]], [[Alberte o Magno]] e [[Duns Scoto]]. Un feito precursor do moderno [[método científico]] pode verse xa na énfase que Grosseteste pon nas [[matemáticas]] como vía para entender a [[natureza]], e na aproximación [[empirismo|empírica]] admirada por Bacon, particularmente na súa ''Opus Majus''.
 
Na primeira metade do século XII apareceron moitas obras científicas de importancia, na súa maior parte no marco dos comentarios escolásticos ás obras de Aristóteles.<ref>Edward Grant, ''The Foundations of Modern Science in the Middle Ages: Their Religious, Institutional, and Intellectual Contexts.'' Cambridge: Cambridge Univ. Press, 1996, páxs. 127-31.</ref> [[Guillerme de Occam]] introduciu o [[principio de parsimonia]] ou [[navalla de Occam]]: o científico ([[filosofía|filósofo natural]], como se dicía daquela) non debe postular entes innecesarios, por tanto, o movemento non é cousa distinta senón o mesmo obxecto que se move;<ref>Edward Grant, ''A Source Book in Medieval Science.'' Cambridge: Harvard Univ. Press, 1974, páx. 232</ref> e non se recorría a hipóteses tales como a antes necesaria ''especie sensíbel'' intermedia para transmitir a imaxe dun obxecto ao ollo.<ref>David C. Lindberg, ''Theories of Vision from al-Kindi to Kepler.'' Chicago: Univ. of Chicago Press, 1976, páxs. 140-2.</ref> Intelectuais como [[Jean Buridan]] e [[Nicole Oresme]] comezaron a reinterpretar os elementos da [[mecánica]] de Aristóteles. En particular, Buridan desenvolveu a teoría de que o ''impetus'' era a causa do movemento dos [[proxectil|proxectís]], o que era un precedente do moderno concepto da [[inercia]].<ref>Edward Grant, ''The Foundations of Modern Science in the Middle Ages: Their Religious, Institutional, and Intellectual Contexts.'' Cambridge: Cambridge Univ. Press, 1996, páxs. 95-7.</ref> Mentres tanto, os ''Calculadores de [[Oxford]]'' comezaron a analizar matematicamente a [[cinemática]] do [[movemento]], conducindo a súa [[análise]] sen considerar as [[causa]]s do mesmo.<ref>Edward Grant, ''The Foundations of Modern Science in the Middle Ages: Their Religious, Institutional, and Intellectual Contexts.'' Cambridge: Cambridge Univ. Press, 1996, páxs. 100-3.</ref> Por outra parte, [[Pedro Abelardo]] está considradoconsiderado como un dos primeiros ''científicos''.
<center><gallery>
Ficheiro:Roger-bacon-statue.jpg|[[Roger Bacon]]
Liña 92:
</gallery></center>
 
Incluso aínda que a devastación da [[Peste|peste negra]] ([[1348]]) e otrosoutros desastres deron un repentino final ao período anterior de masivo desenvolvemento filosófico e científico, dous séculos máis tarde comezou a [[revolución científica]] europea, que pode tamén entenderse como unha recuperación do proceso de cambio científico detido durante a [[Idade Media|crise do final da Idade Media]].
 
=== Tecnoloxía ===