Tahuata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
| nome = Tahuata
| nome_orixinal =
| mapa = [[Imaxe:Tahuata.png|330px|Localización ]]
| lenda = Localización
| imaxe = [[Imaxe:Tahuata Nasa.jpg|330px| ]]
Liña 27:
}}
 
'''Tahuata''' é a illa máis pequena das habitadas das [[Illas Marquesas|Marquesas]], na [[Polinesia Francesa]], un territorio de ultramar [[Francia|francés]] no [[Océano Pacífico]]. Está situada no grupo sur do [[arquipélago]], a 4  km. ao sur do extremo occidental de [[Hiva Oa]], a través da [[Canal du Bordelais|Canle de Bordelais]], chamada [[Ha'ava]] en [[Lingua marquesana | marquesano]].
 
== Xeografía ==
 
Tahuata é a máis pequena das illas habitadas das Marquesas, cunha superficie de 61  km². A illa é moi montañosa, con profundos vales e cantiis. A altitude máxima está no monte Amatea de 1.050 metros. A orografía non permite a construción dunha pista de aterraxe e as comunicacións son vía marítima desde a illa veciña de Hiva Oa, separada pola canle de Bordelais de 4  km de ancho e unhas correntes de 20 nós.
 
A poboación total era de 703 habitantes no censo do 2012. A vila principal é Vaitahu, localizada no oeste da illa, capital da comuna que inclúe tamén a illa deshabitada de [[Moho Tani]], outras vilas son Hapatoni, Motopu e Hanatetena. A activitad principal é a agricultura e a artesanía.
Liña 37:
== Historia ==
 
Os restos arqueolóxicos indican que Tahuata estaba habitada polos polinesios xa no [[século III]]. Na época pre-europea era considerada unha dependencia de Hiva Oa.
 
Vaitahu foi o lugar dos primeiros contactos das Marquesas cos europeos. O primeiro avistamiento rexistrado polos europeos foi pola expedición [[España | española]] de [[Álvaro de Mendaña]] o 22 de xullo de 1595. Foi aquí onde chamou ao arquipélago as "Marquesas de Mendoza", e a illa "Santa Cristina". Desembarcaron en [[Vaitahu, Tahuata | Vaitahu]] que nomearon ''Madre de Dios'' (Nai de Deus en español). De acordo coas contas españolas Tahuata tiña aves, peixes, cana de azucre, plátano, froitos secos e froitas. A vila existente estaba construída en dous lados dun espazo rectangular, as casas eran de madeira e canas entrelazadas. Un edificio que os españois supoñian que era relixioso levantábase fóra da cidade, nun espazo encerrado por empalizadas, e que contiña algunho ídolos ante os que atopábanse ofrendas e provisión. A xente tiña grandes e ben construídas canoas de vela. As súas ferramentas estaban feitas de cunchas e ósos de peixe. Usaban tirafondas, pedras e lanzas como armas.<ref>Sharp, Andrew ''The discovery of the Pacific Islands'' Oxford, 1960, pp.51,52.</ref><ref>Brand, Donald D. ''The Pacific Basin: A History of its Geographical Explorations'' The American Geographical Society, New York, 1967, p.133.</ref> Unha serie de malentendidos provocou a masacre de 200 vítimas.
 
O inglés [[James Cook]] chegou en [[1774]], e o francés Dupetit-Thouars en [[1842]], proclamou en Vaitahu a anexión das Marquesas a [[Francia]]. Posteriormente edificouse a primeira igrexa das illas.
 
A fala da illa é o dialecto Nuku da [[lingua marquesana]].