Peto mediano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 18:
}}
 
O '''Peto mediano''' (''Dendrocopos medius'') é unha [[Aves|ave]] da familia [[Picidae]], que se atopa amplamente espallada polo Paleártico occidental, dende [[Irán]] á [[Cordilleira Cantábrica]], en [[España]], e dende [[Letonia]] ao sueste de [[Turquía]]¹³. A poboación mundial está estimada ao redor das 140.000 parellas reprodutoras, co groso dos seus efectivos no leste e sueste [[Europa|europeos]]².
 
== Descrición ==
A súa cabeza é vermella, a plumaxe é branca no peito, rosada no ventre baixo a cola, negro no dorso coas [[ás]] negras moi manchadas de branco, e marcas negras nas partes laterais do pescozo, sense converten en bigotes (como no [[Dendrocopos syriacus)|peto sirio]]). O seu corpo mide entre 20 e 22  cm de lonxitude, máis pequeno có [[peto real]], pero maior có [[Picoides minor|peto pequeno]]. A súa envergadura ascende a 34  cm en media. O peso dun adulto varía entre 50 e 85 [[gramo|g]].
 
É un paxaro discreto, que fica xeralmente nas copas, sobre as grandes ponlas das [[árbore]]s. Prefire rexións do bosque de follas caducas, especialmente áreas con [[carballo]]s, [[Carpinus|carpes]] ou [[Ulmus minor|olmos]] de arboredo denso. Gústalle alimentarse na parte alta nas árbores, movéndose constantemente e facendo unha boa visión difícil. Aliméntase predominante de [[insecto]]s e das súas [[larva]]s, que atopa entre as ponlas e poliñas máis ben debaixo da [[casca|codia]]; tamén toma o [[zume (botánica)|zume]] das árbores e come [[semente]]s, especialmente de [[Fagus|faias]], [[Carpinus|carpes]] e [[carballo]]s.
 
== Reprodución ==
Na estación de crianza escava un burato, de preto dos 5  cm de ancho, nalgún [[Tronco (árbore)|tronco]] ou nunha ponla grosa. Pon de catro a sete [[Ovo (bioloxía)|ovos]] e os choca entre 11 e 14 días, ficando os [[pito]]s no [[niño]] de 21 a 23 días.
 
Madura sexualmente ao final do primeiro ano. Durante a estación de crianza é monógamo. A asociación debilítase tras a crianza, pero pode continuar con distancia no inverno e renóvase durante a tempada de [[celo]] principal. Dende finais de xaneiro e máis frecuentemente en febreiro e marzo o macho peteira e fai chamadas ruidosos dende o seu territorio. Se unha femia se achega, o macho intensifica o súa chamada e realiza sorprendentes voos de flotación ata que atrae á femia. A continuación sedúcea. Ao mesmo tempo eriza as plumas vermellas da súa cabeza. A femia examina o burato preparado polo macho e adopta unha postura para a [[cópula]]. Os primeiros [[apareamento]]s teñen lugar en febreiro e son frecuentes en marzo.