Lois Pérez Leira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
De neno emigrou a [[Arxentina]] cos seus pais. En Bos Aires tivo unha destacada actuación na vida política arxentina, como así tamén na colectividade galega. Neste país foi presidente da Confederación Arxentina de Estudantes Secundarios (CAES) e directiva do Centro de Estudantes de Filosofía e letras. Milito durante a maior parte do seu tempo nas filas da Federación Xuvenil Comunista. Incorporouse á esquerda peronista desde unha óptica de esquerda marxista. Foi membro da Federación de Sociedades Galegas e frecuentou os círculos galeguistas deste país.
 
En 1990 retorna definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros e artigos de opinión en diferentes medios sobre a emigración galega e impartiu numerosas conferencias en distintos países do mundo.
 
Lois Pérez Leira combinou o seu labor cultural e político co seu traballo como director de emigración da [[Confederación Intersindical Galega]] durante case 20 anos. Durante eses anos foi Conselleiro Xeral da emigración en representación da CIG e representante da mesma ante a Audiencia Nacional como entidade acusadora no xuízo que se instruíu sobre os delitos de xenocidio e terrorismo de estado cometidos durante a ditadura arxentina. Na actualidade é querelante no xuízo que se instrúe na Arxentina polos delitos cometidos pola ditadura franquista.
 
== Obra ==
Liña 23:
* ''Mulleres da Emigración'' (2010), Editado por Grupo de Comunicación de Galicia no Mundo, S.L.)
* ''Desaparecidos españois na Arxentina (2010) Editado por Grupo de Comunicación de Galicia no Mundo, S.L.)
* ''Protagonistas dunha epopea colectiva. Tomo II'' (Editorial Galicia no Mundo. 2011).
 
Dirixiu 18 documentais, entre eles ''Os Santamaría, de Prexigueiro a Cuba'', que participou no festival de cine latinoamericano da Habana.
 
{{ORDENAR:Perez Leira, Lois}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Perez Leira, Lois}}
[[Categoría:Nados en Vigo]]
[[Categoría:Nados en 1953]]