1810: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 41:
=== América ===
* A case totalidade das colonias españolas en [[América]] convulsiónanse baixo movementos de carácter independentista, coma os iniciados en [[Caracas]] ([[19 de abril]]), [[
* Na [[Illa de León]] ([[Cádiz]]), onde se trasladara dende [[Sevilla]] a causa do inminente ataque francés, a Xunta Central Suprema decretou o [[25 de maio]] a súa autodisolución e nomeou un Consello de Rexencia (que xa estaba a traballar desde o [[29 de xaneiro]]). Co territorio peninsular practicamente en mans de [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]] e, desaparecida a [[Xunta de Sevilla]], perante unha rexencia de discutible lexitimidade e eficacia, os sectores crioulistas independentistas achaban canle propicia para comezar a impoñe-la súa política. Pero tamén entre os leais partidarios da coroa cundiu a alarma pola conquista francesa, e a prevista formación de xuntas de goberno en situacións críticas presentóuselles como solución. Os independentistas entenderon, con todo isto, que era necesario manter a aparencia de lealdade ó rei, a máscara de [[Fernando VII]] (como chegaría a chamarse). En [[Bos Aires]], cabeza do vicerreinado do [[Río de la Plata|Río da Prata]], convocouse un cabido aberto o [[22 de maio]] a instancias de notables crioulos. Pero a decisión de manter o vicerrei [[Baltasar Hidalgo de Cisneros]] como presidente da Xunta provocou unha reacción popular. O [[25 de maio]] diante do cabido, unha multitude esixe a destitución do vicerrei e a formación dunha nova xunta cuxos membros serían os dunha lista xa redactada. Ante isto, Cisneros renunciou e quedou establecida a primeira xunta patria que foi presidida por [[Cornelio Saavedra]].
* O [[20 de xullo]] a poboación de [[Bogotá|Santa Fe de Bogotá]] sublévase contra as autoridades coloniais españolas, e convoca un cabido aberto antepoñendo as causas iniciadas polo incidente do [[O Floreiro de Llorente|Floreiro de Llorente]]. As primeiras medidas son a creación dunha Xunta Suprema do reino de [[Nova Granada]], a liberación do cóengo [[Andrés María Rosillo]], preso polas súas ideas liberais, e a prisión do vicerrei [[Antonio José Amar y Borbón]]. A convocatoria do cabido aberto de Santa Fe de Bogotá constitúe o inicio do movemento emancipador de Nova Granada.
|