Bonifacio VIII, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Isili0n (conversa | contribucións)
*Traición > traizón.
Liña 15:
O enfrontamento iniciouse cando o rei francés, necesitado de recursos económicos pola guerra que mantiña con Inglaterra, pretendeu facer tributar ao clero francés. O Papa respondeu o 25 de febreiro de 1296 coa bula ''[[Clericis laicos]]'', pola que prohibía o cobro de taxas ao clero por parte dos poderes políticos sen o consentimento papal. Esta bula foi ignorada por Filipe, que contestou emitindo unha serie de edictos polos que se prohibía, tanto a laicos como a eclesiásticos, a exportación de produtos a Roma, obrigando a Bonifacio a firmar un acordo recoñecendo ao rei francés a potestade de fixar tributos ao clero en casos de extrema necesidade e sen contar cunha autorización previa do pontífice.
 
O entendemento entre Bonifacio e Filipe foi moi breve, pois en [[1301]] tivo lugar un novo enfrontamento coa creación do bispado de [[Pamiers]], no sur de [[Francia]], ao nomear como bispo a [[Bernardo de Saisset]]. Filipe, incómodo co designado, acusouno de alta traicióntraizón e encarcerouno.
 
Filipe intentou obter o desaforo por parte do papa, pero Bonifacio, na bula ''[[Ausculta fili]]'' ("Escoita, fillo"), reprobou o rei francés por non ter en conta a bula ''Clericis laicos'' e por non obedecer ao bispo de Roma. En Francia a bula foi queimada, e en lugar da ''Ausculta Fili'' circulou inmediatamente unha bula falsificada (probablemente obra de [[Pierre de Flote]]). As súas cinco ou seis liñas altaneiras pensáronse para incluír unha coidadosa frase: ''Scire te volumnus quod in spiritualibus et temporalibus nobis subes'' ("queremos que saibas que es o noso súbdito tanto nos asuntos espirituais como nos temporais"). Amais, engadiuse que quen o negase era un herexe (o que era odioso para o neto de San Luís).