Propaganda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Véxase tamén: {{Control de autoridades}}
Jglamela (conversa | contribucións)
Amplío de es.wiki
Liña 21:
 
En [[lingua inglesa|inglés]], "propaganda" ten connotacións negativas.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Prince Rupert - 1st English Civil War.jpg|miniatura|Exemplo de propaganda da [[Guerra Civil Inglesa]].]]
Os ''[[edictos de Asoka]]'' (século III a. C.) son unha serie de edictos escritos que se conservaron en columnas ou rochas naturais distribuídas polo Norte do subcontinente indio. Estas inscripcións estaban localizadas en enclaves importantes como preto das cidades, rutas comerciais ou centros relixiosos, co que o goberno de Asoka se aseguraba de chegar ao maior número de xente posible. Eran preceptos morais, relixiosos e prestacións sociais en relación cos homes e os animais.
 
Sendo coñecida moito antes na India e China, a propaganda en Europa ten os seus inicios escritos xa en inscripcións de mensaxes publicitarias entre os comerciantes gregos. Na [[curia romana]] empregábase para difundir [[doutrina católica|a súa mensaxe relixiosa]]. Esta ferramenta volver ser empregada e a expandirse grazas ao impulso da [[Igrexa católica]] co seu departamento de administración pontificia dedicado a controlar as [[Misión (relixión)|rutas misioneiras]] do [[Novo Mundo]]. No período da [[Contrarreforma]] emprégase a expresión ''de propaganda fide'' con intención pastoral, cando o 22 de xuño de 1622 o papa [[Gregorio XV, papa|Gregorio XV]] instituíu a Congregación para a Evanxelización dos Pobos ou ''[[Congregación para a Evanxelización dos Pobos|Propaganda Fide]]'', coa fin de propagar o catolicismo nos continentes en vías de colonización.
 
=== Século XXI ===
Despois dos [[atentados do 11 de setembro de 2001]] o goberno estadounidense iniciou o que denominou [[Guerra contra o terrorismo]], comprendida como uhna [[Guerra de cuarta xeración]], onde se fixo uso dos medios masivos, especialmente dos medios televisivos; sen excluír internet. A política estadounidense centrouse en propagar o suposto [[Choque de civilizacións]], propaganda que promoveu e logrou o respaldo popular necesario para a [[invasión de Iraq de 2003]] co argumento de que [[Saddam Husein]] posuía [[armas de destrución masiva]] e que apoiaba a rede [[Al Qaeda]].
 
Estados Unidos en relación ao [[programa nuclear de Irán]] utilizou en 2006 a denominación de [[Islamofascismo|''fascismo islámico'']]<ref>[http://web.archive.org/20071013131806/noticiasdeeurabia.wordpress.com/2006/08/10/esta-nacion-esta-en-guerra-con-el-fascismo-islamico-2/ Esta nación está en guerra con el fascismo islámico»]</ref><ref>[http://spanish.peopledaily.com.cn/31619/4803182.html V aniversario del 11-Septiembre: EEUU da nueva definición a Guerra Antiterrorista]</ref> nunha retórica tendente a xustificar un ataque contra Irán.
 
Se ben os gobernos contan coa capacidade de difundir a súa retórica por medios masivos globais en forma extensa, os grupos que son atacados dende os medios e os que se [[Pacifismo|opoñen ás guerras]] válense dos [[Medio alternativo de información|medios alternativos]] e de internet principalmente, logrando influír na opinión pública.<ref>[http://web.archive.org/web/http://colombia.indymedia.org/news/2007/01/55743.php Estadounidenses repudian de manera abrumadora plan de guerra de Bush en Irak]</ref> Por outra banda, a estratexia dos medios alternativos é distinta, xa que se centran en ofrecer información que non se publica nos grandes medios e a participación horizontal do espectador ao poderen publicar a súa opinión xunto coa información alternativa, situación que contradí os principios da propaganda.
 
==Véxase tamén==