Colexio de San Xerome: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 52:
Este [[colexio maior]] era, en orixe, unha fundación do [[arcebispo]] compostelán [[Alonso III de Fonseca|Alonso de Fonseca]], terceiro dese nome, con intención de dedicalo a colexio de estudantes pobres e artistas, que se localizaba no denominado Hospicio da Acibecharía. Dependía do [[Colexio de Fonseca]].
Durante o [[século XVII]], en [[1652]], decidiuse trasladalo desa localización. Para iso edificouse un novo edificio, na entón chamada praza do Hospital (por situarse nela o [[Hostal dos Reis Católicos|Hospital dos Reis Católicos]]), a actual praza do Obradoiro. Até hai poucos anos atribuíanse os planos ao arquitecto [[Bartolomé Fernández Lechuga]] (así Chamoso Lamas), e o patio ao prestixioso [[José de la Peña de Toro]]; mais na actualidade debe dicirse que descoñecemos quen foi realmente o autor da edificación.
Estaba dotado dun vicerreitor e tres profesores. Desapareceu como colexio maior en [[1840]].
|