Provincias Unidas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: {{Control de autoridades}}
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 43:
 
== Historia ==
A orixe das Provincias Unidas radicou nos problemas políticos e relixiosos baixo a dominación dos [[casa de Habsburgo]]. O enfrontamento entre [[católico]]s e [[Xoán Calvino|calvinistas]] produciu o estabelecemento da [[Unión de Arras]] e da [[Unión de Utrecht]] ([[1579]]), que deu orixe ás Provincias Unidas. En [[1581]], os representantes da Unión depuxeron a [[Filipe II de España]] e nomearon a [[Guillerme I de Orange-Nassau|Guillerme de Orange]] (asasinado en [[1584]]). [[Johan van Oldenbarnevelt]] foi unha peza clave na creación da República en [[1588]].
 
A cohesión das provincias foi posible grazas á hexemonía da burguesía e o liderado en Holanda. As Provincias Unidas obtiveron axuda militar de [[Inglaterra]], que xunto a [[Francia]] recoñecerían a República en [[1596]]. En virtude da [[Tregua dos Doce Anos]], entre [[1609]] e [[1621]], con [[Filipe II de España|Filipe II]], a Coroa de [[España]] recoñeceu finalmente a existencia das Provincias Unidas.