Valle de Cuelgamuros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
m →‎Historia: Arranxos varios using AWB
Liña 6:
 
== Historia ==
Aínda que o monumento foi concibido teoricamente para honrar os mortos tanto franquistas como republicanos, en realidade ten unha clara apoloxía [[Franquismo|franquista]]. O monumento ten a inscrición ''Caídos por Dios y por España'' (Caídos por Deus e por España) e abondosa simboloxía do réxime. A súa construción foi anunciada por [[Francisco Franco]] o día [[1 de abril]] de [[1939]], o mesmo no que acabou a Guerra.
 
A orixe dos enterrados no Valle de los Caídos é incerto. Aínda que existen arquivos con aproximadamente a metade dos defuntos, descoñécese a identidade dos outros. Foron recollidos de moitos campos de batalla como os de Brunete, Grado, Gandesa, Teruel e a Batalla do Ebro, entre moitos outros.
 
Para a súa construción utilizáronse presos políticos, aos que prometeron unha redención de pena a cambio de traballo e un pequeno salario. Non obstante, moitos deles morreron na súa construción debido á falta de medios técnicos e á pouca seguridade.
 
Ata hai uns anos foi lugar de reunión cada [[20 de novembro]] de varios grupos de [[Falanxe Española|falanxista]]s e nostálxicos da ditadura.