Tales de Mileto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 3924203 de 193.144.97.57 (conversa)
m Arranxos varios using AWB
Liña 17:
}}
 
'''Tales de Mileto''', en [[Lingua grega|grego]] '''Θαλής ο Μιλήσιος''', nado cara ao ano [[-624|624 a.C.]] e finado contra o [[-546|546 a.C.]], foi o primeiro [[Filosofía|filósofo]] occidental que se coñece, sendo o marco inicial da filosofía occidental e o primeiro dos filósofos [[presocráticos]].
 
== Traxectoria ==
De ascendencia fenicia, naceu en [[Mileto]], antiga colonia grega, na [[Asia Menor]], actual [[Turquía]], no [[-625|625 a.C.]] e finou aproximadamente no [[-547|547 a.C.]] - segundo o historiador grego [[Dióxenes Laercio]], morreu con 78 anos durante a 58ª Olimpíada.
 
Considérase a '''Tales''' como un dos sete sabios da [[Grecia Antiga]]. Alén diso, foi o fundador da [[Escola Xónica]]. Considerado, tamén, o primeiro filósofo da "[[physis]]" (física), porque outros, despois del, seguiron o seu camiño procurando o principio natural das cousas.
 
Tales consideraba a auga como orixe de todas as cousas. E os seus seguidores, aínda que discordasen canto á “substancia primordial” (que constituía a esencia do universo), concordaban con el no que dicía respecto á existencia dun “principio único" para esa natureza primordial.