Eulogio Gómez Franqueira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 29:
En xuño de [[1980]] un comando de [[ETA político-militar]] tentou secuestralo na súa casa de [[Razamonde, Cenlle|Razamonde]]. Os [[terrorismo|terroristas]] finxiron unha avaría no coche e entráronlle na casa coa escusa de chamar por teléfono. Ao que entraron, sacaron as armas e obrigaron a Gómez Franqueira a que os acompañase. Este, que estaba en [[pixama]], pediu para vestirse, e aproveitou o momento para tirar unha pistola de riba dun armario e disparar os etarras, ferindo a un, José Antonio Alcocer Gabaldón, ''Zapatóns'', no pescozo e na mandíbula. Eludiu as ráfagas dos outros terroristas botándose ao chan entre as camas do dormitorio e apagando a luz. Este terrorista, ferido, foi detido nun piso de [[Vigo]] uns días despois.
 
En [[1984]] sufriu un [[derramederramo cerebral]] que o afastou da vida política, co que se abriu unha crise de liderado na formación nacionalista de centro. O [[Xunta de Galicia|goberno de Galiza]] outorgoulle a [[Medalla Castelao]] no ano [[1986]]. Ao seu falecemento, o seu fillo [[Manuel Gómez-Franqueira]] pasou a dirixir a empresa, da que é conselleiro delegado.
 
== Notas ==