Edward Gibbon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Elisardojm (conversa | contribucións)
Tamese
Liña 8:
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
Naceu en [[Putney]], daquela unha cidade xunto ao [[río TámesisTámese]], preto de [[Londres]], Inglaterra. O seu avó fixera e perdera a fortuna familiar na [[burbulla dos mares do Sur]]. Gibbon era fillo único, e nas súas memorias descríbese a si mesmo como un "raparigo enfermizo". A súa nai morreu cando el contaba con dez anos, e a súa crianza e coidado correu a cargo da súa tía Catherine Porten. Asistiu ao Kingston Grammar School, residindo na casa da súa favorita "Aunt Kitty", seguida de Westminster School. Aos 14 o seu pai enviouno ao Magdalen College da [[Universidade de Oxford]].
 
Gibbon non gozou da atmosfera escolar e máis tarde describiu os catorce meses pasados alí como os menos proveitosos de toda a súa vida. O máis memorábel deste período foi a súa conversión ao [[Catolicismo]] o 8 de xuño de [[1753]]. ''"Desde a miña mocidade fun afeccionado á disputa relixiosa"'', escribiu máis tarde.