Wilt Chamberlain: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 77:
En [[1970]], a adquisición de [[Gail Goodrich]] reforzou o xogo ofensivo dos Lakers tras a perda de Baylor. Nas Finais, perderon ante [[New York Knicks]], un dos mellores equipos defensivos da era post-Russell-Celtics. Ambos os equipos disputaron unha difícil e competitiva serie, pero no quinto partido Willis Reed sufriu unha seria lesión de xeonllo. Os Knicks gañaron ese encontro, pero no seguinte foron esnaquizados polo xogo ofensivo de Wilt Chamberlain, e todo parecía indicar que xogarían o sétimo e definitivo partido sen o seu pivote titular. Con todo, Reed, cojeando, gañoulle o salto inicial a Chamberlain e anotou o catro primeiros puntos do seu equipo, levando ao seu equipo a un dos partidos de playoffs de desempate máis famosos de todos os tempos. Aínda que Reed só puido xogar unha pequena parte do partido, e cando o fixo realmente custáballe moverse, Chamberlain anotou soamente 21 puntos (cando esa tempada a súa media era de 27,3) en 16 tiros, moitos para un sétimo partido dunhas Finais. Ademais, na liña de tiros libres asinou un triste 1/11, quizais o seu peor partido xamais visto nesta faceta.
 
En [[1971]] os Lakers realizaron un notable movemento asinando ao antigo xogador dos Celtics [[Bill Sharman]] como adestrador. Sharman explotou todas as calidades defensivas de Chamberlain. Este experimento resultou ser moi exitoso, sendo Wilt elixido no mellor quinteto defensivo da tempada por primeira vez na súa carreira, e cos Lakers batendo o seu recordrécord de vitorias, 69, incluíndo o mítico refacho de 33 vitorias consecutivas, a máis longa na historia do deporte americano profesional. Chamberlain, pouco impresionado, ironizou: "''Eu xoguei cos Harlem Globetrotters e gañamos 445 partidos seguidos''".
 
Chamberlain e West gañarían o seu primeiro e único título cos Lakers en [[1972]], na primeira tempada sen Baylor. Este equipo tamén incluía aos beirados Jim McMillian, un anotador, e ao especialista reboteador e defensivo [[Happy Hairston]].<ref>[http://www.nba.com/history/finals/19711972.html Lakers' Legendary Season Leads to Elusive Title]</ref> Nas series ante os Knicks, Wilt promedió 19,2 puntos por partido, sendo elixido [[MVP das Finais da NBA|MVP das Finais]], principalmente pola súa incrible achega no rebote. No partido final anotou 23 puntos e recolleu 29 rebotes, a pesar de ter danada a súa boneca dereita. Durante a serie promedió 23,2 rebotes por encontro, á idade de 36.<ref>[http://www.nba.com/history/rebounds/19711972.html Rebounds - 1971-72]</ref> Ao ano seguinte, a que sería a súa última tempada como xogador profesional con 37 anos, Chamberlain aínda lideraba a liga en rebotes cunha media de 18,6, mentres asinaba unha marca NBA grazas á súa 72,7% en tiros de campo.
Liña 167:
 
== Legado ==
Cun repertorio ofensivo que consistía de mates, ''finger rolls'' (bandexa sutil coas xemas dos dedos) e un tiro ''fadeaway'' (virarse e saltar en dirección contraria á canastra e o seu defensor), Wilt Chamberlain posúe preto de 100 recordsrécords da NBA, incluído os de máis puntos anotados nun partido: 100. A día de hoxe é aínda o único xogador capaz de anotar máis de 4.000 puntos nunha tempada (é difícil ver que alguén exceda incluso os 3.000). Tamén conseguiu 55 rebotes nun partido, e promedió 27 esa tempada, batendo o recordrécord de media de rebotes nunha tempada, e que a data de hoxe aínda se mantén. De [[1959]] a [[1963]] (5 tempadas), Chamberlain tivo unha carreira espectacular, conseguindo 5 das 7 mellores medias anotadoras de todos os tempos (incluíndo as 3 primeiras). En [[1962]] promedió 50,4 puntos por partido, e ao ano seguinte 44,8. O seu rival máis próximo nesta categoría foi Elgin Baylor, que [[1962]] rexistrou a 4º mellor media anotador da historia, con 38,3.
 
=== O partido dos 100 puntos ===