Xeración: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 11:
En demografía a diferenza xeneracional é unha das variables para a descrición do comportamento xerativo, o cal tamén xoga un papel importante nos prognósticos de poboación.
 
== Xeracións naen socioloxía ==
O sociólogo alemán Karl Mannheim realizou en 1928 contribucións importantes á [[socioloxía do coñecemento]] co seu concepto de xeración, que non comprendía 30 anos coo se consideraba ata entón, senón que se caracterizaba por acontecementos xeneracionais, é dicir, feitos que marcaron a nenez e a mocidade e que terán unha influencia no resto de la vida. Para a súa análise sociolóxica do problema das xeracións Mannheim sérvese por un lado da dirección [[positivismo|positivista]] de [[David Hume]] e [[Auguste Comte]], que intentou buscar intervalos fixos e cuantificados de 30 anos, que se sucedían; por outro lado faise tamén eco da interpretación de xeración das escolas históricas do [[Romanticismo]], que se baseaba nos movementos intelectuais que se experimentaban interiormente, como é o caso da [[historia da arte]].<ref>Vgl. Mannheim: ''Generationen'', S. 509-522.</ref>