Lingua exipcia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 42:
 
== Estrutura ==
O exipcio é unha lingua afro-asiática típica. O vocabulario consiste en raíces de tres [[consoante]]s, como en /nfr/, "fermoso". Nalgúns casos só había dúas, como por exemplo en /r'/ "sol" (o apóstrofe representa unha [[fricativa]] [[farínxea]] [[sonora]], e noutros podía haber até cinco, como en /sxdxd/ "estar cos pés para riba". Destas consoantes derivaban outras palabras engadíndolles [[vogal|vogais]] e outras consoantes. Porén, non se sabe de que vogais se trataba, xa que non se transcribían. Así, ''ankh'' podería ser tanto "vida", como "vivir" como "vivinte". Na transcrición, "a", "i" e "u" representan consoantes: por exemplo, o nome Tutankhamon escribíase "twt 'nkh ymn". A estes valores téñenselle asignado sons xenéricos para permitir pronuncialos. Sen embargoPorén, esta convención leva a moitos a pensar que se trata dunha pronuncia real que, de novo, é totalmente descoñecida.
 
[[Fonoloxía|Fonoloxicamente]], o exipcio contrastaba consoantes [[bilabial|bilabiais]], [[labiodental|labiodentais]], [[palatal|palatais]], [[velar]]es, [[uvular]]es, [[farínxea]]s e [[glotal|glotais]] nunha distribución que puidera ser semellante á do [[Lingua árabe|árabe]].