Illas Senkaku: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Xeografía: nome en xaponés
Moedagalega (conversa | contribucións)
Introducíronse ligazóns internas.
Liña 1:
[[Ficheiro:Senkaku_Diaoyu_Tiaoyu_Islands.png|dereita|miniatura|250x250px|Localización das illas Senkaku]]
[[Ficheiro:Kitakojima_and_Minamikojima_of_Senkaku_Islands.jpg|dereita|miniatura|250x250px|As illas, Kitakojima (esquerda) e Minamikojima.]]
{{Coordenadas|25|47|53|N|124|03|21|E|display=title}}As '''illas Senkaku''' (en [[Lingua xaponesa|xaponés]]: 尖閣諸島 | Senkaku-Shotō ou '''Diaoyutai'''; en [[Mandarín|chinés]]: 釣魚台及其附屬島嶼 釣魚台列島 Diàoyútái Lièdǎo) son un grupo de [[illa]]s situadas no extremo [[Oeste|occidental]] do [[arquipélago]] xaponés, que están en disputa entre [[Xapón]], a [[República Popular de China]] e a [[República de China]] ([[Illa de Taiwán|Taiwan]]) desde hai xa varias décadas.<ref name="Sapiens124">''[http://www.globalsecurity.org/military/world/war/senkaku.htm Senkaku/Diaoyutai Islands]''. En ''GlobalSecurity.org. Military''.[En inglés]
</ref>
 
== Historia ==
Xapón, logo de abolir e anexionarse en 1879 o [[Reino de Ryukyu]] (actaumente [[prefectura]] de [[Okinawa]]), exerceu máis influencia sobre os territorios con que limitada. De feito, despois da vitoria sobre a China na [[Primeira guerra sino-xaponesa|I Guerra Sino-Xaponesa]] nos anos 1894 e 1895, tomou posesión dos territorios da [[illa de Taiwán]] e dos seus arquipélagos adxacentes.
 
En 1895, Xapón tomou o control das illas Senkaku/Diaoyu alegando o principio do dereito internacional de ''[[terra nullius]]''. Baixo a [[administración]] [[Xapón|nipona]], desde 1895 a 1940, houbo alí unha [[fábrica]] de ''katsuobushi'' ([[bonito]] secado) e establecéronse preto de 200 residentes xaponeses nas illas. Co fin da [[Segunda Guerra Mundial|II Guerra Mundial,]] as illas pasaron a estar baixo o control dos países aliados, nun tempo en que a China sostiña unha [[guerra civil]]. Os [[Estados Unidos]] administraron as illas e a súassúa [[Armada dos Estados Unidos de América|Armada]] usou Kuba-jima e Taisho-jima como zonas de manobra militar. En 1971 descubriron a posibilidade de reservas de gas e petróleo e, a continuación, China e Taiwán comezaron a reivindicar o dominio do arquipélago. En 1972 o arquipélago de [[Okinawa]] foi devolto a Xapón e, nese marco, os Estados Unidos cederon tamén a Xapón a administración das illas Senkaku/Diaoyu.<ref>Finney, John W. [http://select.nytimes.com/gst/abstract.html?res=F20714FB3D591A7493C3A8178AD95F458785F9&scp=44&sq=1972+okinawa&st=p ''Senate Endorses Okinawa Treaty; Votes 84 to 6 for Island's Return to Japan''], ''New York Times'' (11 de novembro de 1971). [http://opencrs.com/document/96-798/ ''Congressional Research Service Report 96-798'']. [En inglés]</ref>
 
En 1978, un grupo [[Nacionalismo|nacionalista]] xaponés construíu un [[faro]] en Uotsuri Jima, que o goberno nipón tomou baixo o seu control en 2005. Esta construción foi moi contestada polos gobernos de Taiwan e da China.
 
O día 7 de outubro de 1996, algúns manifestantes colocaron as [[Bandeira|bandeiras]] de Taiwan e da República Popular de China na illa principal, pero axiña foron evacuados polos xaponeses e as bandeiras foron retiradas.
 
En setembro de 2012, o goberno xaponés anunciou a compra, feita por cidadáns xaponeses, de tres das illas, o que provocou novamente reaccións por parte dos outros dous países<ref>''[http://www.jn.pt/mundo/interior/japao-quer-nacionalizar-ilhas-reivindicadas-pela-china-2653421.html?id=2653421 Japão quer nacionalizar ilhas reivindicadas pela China]''. En ''Jornal de Notícias''. 7 de xullo de 2012. [En portugués]
</ref><ref>''[http://sol.sapo.pt/noticia/58399 Japão vai comprar ilhas reivindicadas pela China]''. En ''Sapo.pt''. 5 de setembro de 2012. [En portugués]
</ref>. A [[Armada]] chinesa enviou dúas patrulleiras ata preto de 400 metros das illas, é dicir, dentro xa das augas de xurisdición nipona. O Goberno anunciou que se preparesen para unha posible guerra.<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2012/09/11/internacional/1347338940.html ''China envía dos patrulleras a las aguas del archipiélago que disputa a Japón''], En ''El Mundo''. 11 de setembro de 2012. [En castelán]</ref>
 
== Xeografía ==
* Área de illa total: 7&nbsp;km<sup>2</sup>.
* [[Poboación]]: 0.
* [[Coordenadas xeográficas|Coordenadas]]: 25° 58' - 25° 41' 45" N, 123° 27' 45" - 124° 41' 30" E
O arquipélago está formado por cinco illas [[Volcán|volcánicas]]:
* Uotsuri shima (魚釣島) ou Diaoyu Dao (釣魚島本島 ou 主島): 4,319&nbsp;km<sup>2</sup>.
* Kuba shima (久場島) ou Huangwei Yu (黃尾嶼 "Cola Amarela"): 1,08&nbsp;km<sup>2</sup>.
Liña 34:
As illas están situadas a 140&nbsp;km do illote Pengjia, de Taiwán, e a 170&nbsp;km ao norte da illa de Ishigaki, de Xapón.
[[Ficheiro:Senkaku-uotsuri.jpg|dereita|miniatura|250x250px|Vista aérea de Diaoyu Dao ou Diaoyu Tai Jima Uotsuri.]]
Diaoyu Dao/Uotsuri Jima, a illa máis grande, ten un grande número de [[Endémica|especies endémicas]], como ''Mogera uchidai'' e as [[Formiga|formigas]] Okinawa-kuro-oo-ari, pero estas especies están ameazadas por [[cabra]]s domésticas introducidas na illa no ano 1978.
 
== Notas ==