Boletín de Estudios del Seminario Fontán-Sarmiento de Hagiografía, Toponimia y Onomástica de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
orfo
m →‎Historia: Arranxos varios using AWB
Liña 9:
No limiar do número 1 do Boletín, publicado en [[1980]], explícase que se decidiu darlle unha “presentación máis digna” dadas “as mostras de agarimo e felicitación” por parte dos lectores e pola demanda que tiña a [[revista]]. Este primeiro número viu a luz grazas ás achegas da [[Fundación Barrié|Fundación Barrié de la Maza]], da [[Caixa de aforros|Caixa de Aforros]] de Santiago, a subvención do [[Colexio Maior Xelmírez]] e dun particular, ademais dos investigadores e investigadoras que realizan os artigos. A Fundación Barrié e o Colexio Maior Xelmírez seguiron a colaborar en números futuros.
 
Nun primeiro momento, pretendeuse que o suplemento tivese unha periodicidade trimestral. Porén, a maioría dos números responden a unha frecuencia anual, mais non todos. Os números que non seguen esta publicación anual son o segundo e o terceiro, que sairán no mesmo ano ([[1981]]) e o sexto e o sétimo, que sairán entre [[1985]] e [[1986]]. Ademais, entre os anos [[1984]] e 1985 non se publicará ningún número do boletín. Xa no número 21, do ano [[2000]], explícase que a revista non ten periodicidade fixa. Finalmente, en [[2001]], púxose fin a este proxecto. Isto deberíase, segundo algúns críticos, á falta de periodicidade e ao pouco éxito da publicación, entre outras cousas{{Cómpre referencia}}. A partir de entón, os directores e colaboradores continuaron as súas [[Investigación|investigaciónsinvestigación]]s e traballos por separado, aínda que mantiveron as liñas que seguiran no seu paso pola revista.
 
Entre os colaboradores da revista estaban [[Antonino Díez y Díez]] (codirector), [[Manuel Rubén García Álvarez]], [[Elixio Rivas Quintas]], [[José González Paz]], [[Xosé Ignacio Carro Otero]], [[Fernando González Suárez]], [[Jaime Delgado Gómez]], [[María de las Mercedes Gallego Esperanza]], [[Manuel Vidal Villaverde]], [[María Dolores Barral Rivadulla]] ou [[Dolores Villaverde Solar]].