Teoría da relatividade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Arranxos varios using AWB
Liña 4:
A '''Teoría da Relatividade''' é a denominación dada ao conxunto de dúas teorías científicas: [[Relatividade restrita]] (ou Especial) e [[Relatividade xeral]].
 
A relatividade especial, ou Teoría da Relatividade Especial é unha teoría publicada en [[1905]] por Albert Einstein. Ela trocou os conceptos independentes de espazo e tempo da Teoría de Newton pola idea de espazo-tempo como unha entidade xeométrica. O espazo-tempo na relatividade especial ten unha [[Variedade (matemática)|variedade]] de 4 dimensións, 1 temporal e 3 espaciais, nas cales nocións de xeometría poden utilizarse.
 
O termo ''especial'' úsase porque é un caso especial do principio da relatividade onde os efectos da [[gravidade]] poden ignorarse. Dez anos despois da publicación da teoría especial, Einstein publicou a Teoría Xeral da Relatividade, que incorpora os efectos da gravitación.
Liña 28:
''A velocidade da luz no baleiro é a mesma para todos os observadores en referenciais inerciais e non depende da velocidade da fonte que está emitindo a [[luz]] nin tampouco do observador que a está medindo. A luz non require calquera medio (como o ''éter'') para se propagar. De feito, a mesma existencia do ''éter'' é '''contraditoria''' co conxunto dos feitos e coas leis da mecánica.''
 
A pesar do primeiro postulado ser case de senso común, o segundo non é tan obvio, se non de certa forma unha consecuencia de se utilizar o primeiro postulado ao analizarse as ecuacións do [[electromagnetismo]]. A través das [[transformación de Lorentz|transformacións de Lorentz]] pódese demostrar o segundo postulado.
 
Porén, é necesario dicir que Einstein, segundo algúns, non quixo basear a relatividade nas ecuacións de Maxwell, talvez porque entendese que a validade destas non era ilimitada. Isto decorre da existencia do [[fotón]], o que tacitamente indica que as ecuacións de campo previstas por Maxwell non poden ser ''rigorosamente'' lineares.