Megacles II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
'''Megacles II''' (en [[Lingua grega|grego]] Μεγακλῆς), nado en [[Atenas]], era fillo de [[Alcmeón]], neto de [[Megacles I]] e membro da familia dos [[Alcmeónidas]], foi un opositor a [[Pisístrato]] no [[Século -VI]].
==Traxectoria==
Expulsou a Pisístrato durante o primeiro reinado deste último como [[Tiranía|tirano]] no [[-560]]. Tras once anos de exilio, cando os dous grupos rivais, os homes da chaira e os homes da costa, volveron enfrontarse, fixeron unha alianza matrimonial pola que Pisístrato casaría coa filla de Megacles.
 
Heródoto di que tamén enganaron aos atenienses cando montaron unha escena cunha rapaza chamada Fie, excepcionalmente alta, vestida con armadura, que recibiu a Pisístrato ao seu regreso, despois do seu casamento, facendo crer ao pobo que era a propia [[Atenea]] que chegaría a proclamar a Pisístrato como tirano, aínda que sexa tamén o propio [[Heródoto]] o que dubida da veracidade desta historia<ref>[[Heródoto]], 1.60.</ref>.
Liña 9:
Megacles rivalizou ao redor do -560 con [[Hipoclides]], un antigo [[arconte]] de Atenas, para casar con [[Agarista]], filla do tirano de Sición, [[Clístenes de Sición|Clístenes]]. Da súa unión, tiveron dous fillos, [[Hipócrates o Maior]] e [[Clístenes de Atenas|Clístenes]]. Megacles e a súa familia tamén tiveron que se exiliaren tras acentuarse as diferenzas con Pisístrato despois da segunda toma do poder por parte do tirano.
 
Hipócrates, o fillo maior, sería o pai doutro Megacles (coñecido porque foi sometido ao ostracismo no [[-486]]) e dunha filla, tamén chamada Agarista que ao contraer matrimonio con Xantipo sería a nai de [[Pericles]] e de [[Arifrón]]<ref>[[Platón]], ''[[Protágoras (diálogo)|Protágoras]]'', 320a.</ref>. Este Arifrón sería o pai de [[Hipócrates de Atenas]] elixido ''strategós'' (xeneral) no [[-424]] e falecido ese mesmo ano.
 
O fillo menor, Clístenes, segundo [[Plutarco de Queronea|Plutarco]], sería o pai de Deinomache ou Dinomache, nai de [[Alcibíades]]<ref>[[Plutarco de Queronea|Plutarco]], ''Alcibíades'', 1</ref>.
Liña 16:
 
== Notas ==
{{Modelo:Listaref}}
 
[[Categoría:Nados en Atenas]]