Sete Palabras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Cambio da palabra "Gestemaní" por "Getsemaní", e modificación da respectiva ligazón interna.
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Pietro_Perugino_040.jpg|miniatura|''Crucifixión'' de Pietro Perugino, ca. 1482. A súa composición (a Virxe á dereita do crucificado e Xoán á súa esquerda) é a clásica do ''[[Stabat Mater]]'', que corresponde á "terceira palabra".]]
[[Ficheiro:Ribe_domkirke_-_Kanzel_4_Kreuzigung.jpg|miniatura|''Consummatum est'', detalle do púlpito da catedral de Ribe. Representa a "sexta palabra".]]
As '''Sete Palabras''' ('''''Septem Verba''''' en [[Lingua latina|latín]]) é a denominación máis habitual das sete derradeiras frases que [[Xesús de Nazaret|Xesús]] pronunciou durante [[Crucifixión de Xesús|a súa crucifixión]], antes de morrer, segundo se recolle nos [[Evanxeos canónicos]]. Os dous primeiros, [[Evanxeo de Mateo|o de Mateo]]<ref>[http://www.vatican.va/archive/ESL0506/__PV1.HTM Evanxeo segundo San Mateo. Capítulo 27]. Web oficial do Vaticano. </ref> e [[Evanxeo de Marcos|o de Marcos]], mencionan soamente unha, a cuarta.<ref>[http://www.vatican.va/archive/ESL0506/__PVH.HTM Versión en castellano en la web oficial del Vaticano]. </ref> [[Evanxeo de Lucas|O de Lucas]] relata tres: a primeira, a segunda e a sétima.<ref>[http://www.vatican.va/archive/ESL0506/__PW5.HTM Versión en castellano en la web oficial del Vaticano]. </ref> [[Evanxeo de Xoán|O de Xoán]] recolle as tres restantes: a terceira, a quinta e a sexta.<ref>[http://www.vatican.va/archive/ESL0506/__PWP.HTM Versión en castellano en la web oficial del Vaticano]. </ref> Non se pode determinar a súa orde cronolóxica.
 
== Características ==
Liña 12:
# "Todo está cumprido". - ''Consummatum est'' (Xoán, 19: 30).
# "Pai, encomendo o meu espírito ás túas mans". - ''Pater in manus tuas commendo spiritum meum'' (Lucas, 23: 46).
A súa interpretación devocional é unha comparación con situacións polas que inevitablemente pasa a vida de todo crente, á que se suma unha diversidade de [[Exexese|exexese.]]. O mesmo texto evanxélico atribúelles a estas "palabras" un fin de cumprimento de [[Profecía|profecíasprofecía]]s do [[Antigo Testamento]]: sabendo que xa todo estaba cumprido, e para que a Escritura se cumprise ata o final (Xoán, 19: 28).
 
Son obxecto de particular devoción no [[cristianismo]], ao ser consideradas como "verdadeiras palabras" de Xesús, condición compartida con algunhas outras expresións, recollidas ao longo dos Evanxeos, que pretenden ser citas exactas (malia seren traducións ao [[Koiné|grego]], agás unha poucas que se transcribiron literalmente en [[Lingua hebrea|hebreo]] ou [[Lingua aramea|arameo]] polos [[evanxelistas]] e reciben a denominación particular de ''ipsissima verba'' ou ''ipsissima vox'').<ref>[[theopedia:Ipsissima_voxIpsissima vox|Theopedia]]. </ref>
 
== Secuencia das Palabras ==
Liña 28:
<blockquote>''Muller, velaquí o teu fillo. [...] Velaí a túa nai'' (Xoán, 19: 26-27)</blockquote>Segundo unha primeira interpretación vese esta pasaxe en sentido [[Ética|ético]] ou social: Cristo entregou o coidado da súa nai ao discípulo amado, cumprindo un elemental deber filial. Vese o ensino de atender "as cousas do reino" (ás que é enviado Xoán), sen desatender as responsabilidades asignadas desde antes; se amamos a [[Deus]], amamos o noso próximo e atendémolo, pero primeiramente farémolo cos máis próximos. En Xesús descansaba o deber de coidar a súa nai, que se supón viúva neses momentos. Se non tiña outros fillos (a problemática existencia ou ausencia de irmáns de Xesús), enténdese que o seu único fillo a encomende ao discípulo amado, dándolla por nai. Este acto recíproco interprétase como demostración de que non só hai que recibir amor, senón tamén sabelo dar sen importar as circunstancias.
 
Fixéronse numerosas afirmacións mariolóxicas sobre esta pasaxe. Segundo Raymond Edward Brown, "parece absolutamente incrible que unha escena tan reveladora e dramática, que sitúa a nai de Xesús nunha nova relación co discípulo amado, acabe simplemente en que el a leve á súa casa. [...] O significado deste episodio reside na nova relación entre a nai de Xesús e o discípulo amado".<ref>Brown, Raymond E.''La muerte del Mesías. Desde Getsemaní hasta el sepulcro''. Tomo II. Editorial Verbo Divino. Lizarra, 2006. Páxinas 1213 e 1214. [ISBN: 84-8169-487-8]</ref> Segundo Francis J. Moloney, non se pode eludir o feito de que Xesús crucificado creou desde a cruz "unha familia nova". No espazo de tres versículos (Xoán 19:25-27), o termo "nai" aparece non menos de cinco veces. Esa mesma expresión aparecera na pasaxe das [[vodas de Caná]] (Xoán 2:1-5), cando aínda "non chegara a hora" da glorificación de Xesús. Moloney apunta que no relato da crucifixión e morte de Xesús ("a hora" da glorificación), tan sofisticado e simbólico, o evanxelista non puido significar simplemente que o discípulo amado tiña que coidar da viúva e nai de Xesús logo da morte do seu fillo. No concepto de Moloney, a pasaxe afirma o papel maternal da nai de Xesús na nova familia de Xesús creada na cruz.<ref name="Moloney">Moloney, Fracis J. ''El evangelio de Juan''. Editorial Verbo Divino. Lizarra, 2005. Páxina 511. [ISBN: 84-8169-680-3]</ref>
 
=== Cuarta Palabra ===
Liña 35:
Segundo a interpretación tradicional, Xesús estaría a recitar o [[Salmo]] 22, que empeza precisamente por esas palabras. Para a teoloxía, Xesús entregouse libremente ao sacrificio pola humanidade, e na súa natureza humana séntese abandonado, como expresara en [[Getsemaní]]. El é o servo sufriente de Deus, pero finalmente acepta o sacrificio vicario cara á humanidade. O sufrimento de Cristo simboliza tamén o sufrimento do ser humano aínda na fe meirande.
 
Para a crítica histórica, a frase, ou polo menos o que expresa, é probablemente histórica, cumprindo co criterio do testemuño múltiple (sendo de feito a única das Sete Palabras que aparece en máis dun evanxeo) e o da dificultade (xa que, dado o seu carácter de desolación, é factible que a Igrexa primitiva experimentase certa dificultade para aceptar esta frase nos beizos de Cristo).<ref>[[:es:Antonio_PiñeroAntonio Piñero|Antonio Piñero Sáenz]]. Na versión en castelán de Wikipedia.</ref> Pero tamén se pensa que, malia ser esta idea auténtica (é dicir, o Xesús histórico sentiuse realmente abandonado no momento da súa morte, esperando unha intervención de Deus que non chegou), as outras múltiples insercións do Salmo 22 (xunto a Isaías 53) poden facer pensar no relato da Paixón como unha composición a posteriori a partir de pasaxes do Antigo Testamento, aínda que con elementos realmente históricos.
 
=== Quinta Palabra ===
Liña 51:
O organista e compositor alemán [[Heinrich Schütz]] (século XVII) compuxo ''Die Sieben Worte Jesu Christi am Kreuz''.<ref>SWV 478</ref>
 
En [[1787]], a Irmandade da Santa Cova de [[Cádiz]] encargou ao compositor austríaco [[Joseph Haydn]] un [[oratorio]] (titulado en alemán ''Die sieben letzten Worte unseres Erlösers am Kreuze'') que describise as Sete Palabras, ademais do terremoto descrito no [[Evanxeo de Mateo|Evanxeo de Mateo.]].<ref>''[http://www.classicalacarte.net/Fiches/9854.htm Les Sept Dernières Paroles du Christ en Croix].'' Jordi Savall (dir).</ref> Haydn realizou tamén unha versión para [[coro]] e [[orquestra]] da obra, ademais dunha transcrición para [[cuarteto de corda]] (esta é a versión máis coñecida).
 
Co título ''Sept paroles du Christ en croix'' hai unha obra coral de [[Cesar Franck]] e [[Charles Gounod]] (século XIX).
 
Christophe Looten<ref>Sitio web de [http://christophelooten.com/ Christophe Looten]. </ref> compuxo dúas obras baseadas nas Sete Palabras: o seu quinto cuarteto de corda ''Les sept dernières paroles du Christ en croix'' (2008) e ''Mourning'' (2009), para voz de alto e cuarteto de corda, onde se mesturan cantos de queixa dos soldados británicos fusilados tras a batalla de [[Dunkerque]] de 1940 con evocacións das palabras de Cristo na Cruz.<ref>''[[:fr:Mourning|Mourning]]'', composición de Cristophe Looten. Na versión en francés de Wikipedia.</ref>
 
== Notas ==