Aquilino Iglesia Alvariño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 36:
|notas =
}}
'''Aquilino Iglesia Alvariño''', nado en [[Seivane de Vilarente, Abadín|Seivane de Vilarente]] ([[Abadín]]) o [[12 de xuño]]<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/06/10/0003_7775558.htm "O mundo das letras lembra a Aquilino Iglesia Alvariño no seu centenario"], Ramón Loureiro en ''[[La Voz de Galicia]]'', 10 de xuño de 2009.</ref> de [[1909]] e finado en [[Santiago de Compostela]] o [[29 de xullo]] de [[1961]], foi un dos poetas[[poeta]]s máis significativos do [[século XX]] en [[lingua galega]].<ref name="GEG">{{Versaleta|[[Benito Varela Jácome|Varela Jácome, Benito]]}} [[et al.]]: "Iglesia Alvariño, Aquilino" en {{Cita libro |artigo= |título=[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]] |formato=[[DVD]] |editorial=[[Grupo El Progreso]] |ano=2005 |id=ISBN 84-87804-88-8 }}</ref> No ano [[1986]] adicóuselle o [[Día das Letras Galegas]].
 
== Traxectoria ==
Liña 43:
Traduciu ao galego textos de autores clásicos grecolatinos como [[Horacio]], [[Teócrito]] e [[Tibulo]]. A súa poesía inscríbese dentro da corrente iniciada por [[Noriega Varela]] que deu en chamarse humanismo paisaxista ou neovirxilianismo, compartida con autores coma [[Xosé María Díaz Castro]] ou [[Crecente Vega]].
 
Na súa obra percíbese a pegada da poesía clásica, do saudosismo [[Portugal|portugués]] e, en menor medida, do imaxinismo herdado de [[Luís Amado Carballo]] e do vangardismo de [[Manuel Antonio]]. Os temas recorrentes na súa poesía son a dor existencial e a paisaxe. Antes da guerra publicou ''Señardá'' ([[1930]]), poemario formado por 50 sonetos no que o tema principal é a dor;<ref name="RAG">{{Cita web|url=http://academia.gal/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/23876#http://academia.gal/dicionario_rag/miniSearch.do?|páxina-web=Real Academia Galega|título=Aquilino Iglesia Alvariño|data-acceso=14 de maio de 2016}}</ref> e ''Corazón ao vento'' ([[1933]]) onde hai unha maior abertura ao [[poesía de vangarda|vangardismo]], tamén foi colaborador de ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]],'' fundador da ''Renacencia'' e militante do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]].
 
Cando estoupou a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], Iglesia Alvariño compuxo o poemario de signo [[fascista]] en [[Lingua castelá|castelán]] ''Contra el ángel y la noche''.<ref name="RAG"/> En [[1947]] aparece ''Cómaros Verdes'', considerado o primeiro libro de poesía de entidade publicado en [[lingua galega]] tras a Guerra, no que abandona a rima empregando preferentemente o hendecasílabo branco e se mergulla nun paisaxismo no que a [[saudade]] é un tema fundamental, mesturando [[hilozoísmo]], [[neotrobadorismo]] e clasicismo formal. En ''Día a Día'' ([[1960]]) domina a actitude existencial con continuas referencias ao pasado e nun ton grave e reflexivo. Con ''Lanza de Soledá'' ([[1961]]) volve ao soneto e a temática céntrase na angustia humana no medio dunha "noite" simbólica na que a contraposición luz/sombra ten grande importancia. Nese mesmo ano publica tamén ''Nenias'', poemas homenaxe a autores galegos e foráneos, modernos e antigos que van dende [[Catulo]] ata [[Rosalía de Castro]]. Postumamente editouse ''Leva o seu cantare'' ([[1963]]), que recolle poemas inéditos ou espallados por diversas publicacións.
 
== Obras ==