Barbanegra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 79:
As novas da reunión improvisada de Teach e Vane comezou a estenderse polas colonias veciñas, e a preocupación do gobernador de [[Pensilvania]] medrou ata o punto de enviar dúas corvetas para capturar ós piratas, aínda que sen éxito.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|pp=204–205}}</ref> O gobernador de [[Virxinia]], Alexander Spotswood, tamén se sentíu preocupado pola presenza do supostamente retirado saqueador e da súa tripulación na veciña Carolina do Norte. Algúns dos antigos tripulantes de Teach trasladáranse a varios pobos costeiros de Virxinia, o que provocou que Spotswood emitise unha proclama o 10 de xullo na que se requiría que tódolos anteriormente piratas se desen a coñecer ás autoridades, entregando as súas armas e sen desprazarse en grupos maiores de tres persoas. Como xefe dunha [[colonia real]], Spotswood vía á [[colonia propietaria]] de Carolina do Norte con desprezo. Non confiaba na capacidade dos habitantes desa colonia para controlar ós piratas, e sospeitaba que estes voltarían as súas actividades perturbando ó comercio de Virxina en canto se quedasen sen cartos.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=94–95}}</ref>
 
[[Ficheiro:Edward Thatch alias Zwartbaard (bw).jpg|miniatura|dereita|Ilustración de Barbanegra na versión holandesa de ''General History'']]
Spotswood enterouse que William Howard, anterior intendente do ''Queen Anne's Revenge'', estaba pola zona, e crendo que sabería onde se atopaba Teach ordeonu que el e os seus dous escravos fosen arrestados. Spotswood non tiña autoridade legal para xulgar ós piratas,{{efn|Os gobernadores coloniais recibían a potestade de xulgar ós piratas fora de Inglaterra de mans do seu monarca, pero esa autoridade remataba ó falecer dito monarca. Spotswood non recibíu unha nova orde, de mans de [[Xurxo I de Gran Bretaña|Xurxo I]], ata decembro de 1718.<ref>{{Harvnb|Woodard|2007|p=258}}</ref>|group=lower alpha}} e polo tanto o avogado de Howard, John Holloway, presentou cargos en contra do Capitán Brand do [[HMS Lyme (1695)|HMS ''Lyme'']], onde Howard fora encarcerado. Ademais presentou unha denuncia en nome de Howard por danos cun valor de 500&nbsp;£, alegando un arresto improcedente.<ref name="Leepp98101">{{Harvnb|Lee|1974|pp=98–101}}</ref>