Xosé Manteiga Pedrares: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Estudou Filosofía e Letras na [[Universidade de Santiago de Compostela]] e especializouse en Filosofía na Universidade de Madrid, onde foi discípulo de [[José Luis López Aranguren]]. Foi profesor axudante da cátedra de Ética, da que era responsable Aranguren. En [[1961]] regresou a Compostela para facerse cargo da cátedra de Fundamentos de Filosofía da USC e da de Filosofía do [[Instituto Xelmírez]]. En [[1964]] gañou a cátedra de Filosofía do Instituto Feminino de [[Ferrol]], onde permaneceu catro anos para volver de novo a Compostela como docente no Instituto Xelmírez. Na década de 1960 foi un ano Presidente do Congreso Español de Filósofos Jóvenes.Tamen impartiu clases en Peleteiro, La Salle, no Instituto Rosalia de Castro e no Seminario Mayor
 
Participou na fundación do [[Partido Galego Social Demócrata]], do que foi ideólogo, e da [[editorial SEPT]]. Colaborou na refundación do [[Partido Galeguista (1978)|Partido Galeguista]], ao que representou na redacción do [[Estatuto dos dezaseis]]. Foi concelleiro en [[Santiago de Compostela]] nas [[Eleccións Municipais 1979 en Galicia|primeiras eleccións democráticas]] ao encabezar a candidatura de [[Unidade Galega (coalición)|Unidade Galega]]. Candidato a alcalde, na votación entre os concelleiros foi apoiado por [[PSOE]], [[BNPG]] e [[PCG]], e derrotado por un só escano por [[José Antonio Souto Paz]], da [[UCD]] e que contaba co soporte de [[Coalición Democrática]].
 
Colaborou en ''[[Teima]]'' e publicou artigos sobre personalidades da cultura galega e colaboracións entre as que destacan "La Realidad y la esencia: reflexiones en torno al pensamiento filosófico de Xavier Zubiri" na revista ''[[Grial (revista)|Grial]]'' (1964) e "Un home sinxelo do pobo" incluído na obra ''Manuel Reimóndez Portela na lembranza'' (1996). Tamen publicou traballos sobre Rafael Dieste e Jose Luis Pensado Tome. Estivo vinculado a revista Encrucillada
 
== Véxase tamén ==