Ribadeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m corrección ortográfica
Liña 135:
A fusión en catro das sete antigas provincias galegas, en [[1822]],foille bo a Ribadeo xa que reducía o custo dos gravames, pero por pouco tempo. No [[1823]] volven ser de novo sete e no [[1833]] establécense xa, definitivamente, as catro provincias actuais, co que Ribadeo deixa de formar parte da provincia de [[Mondoñedo]], cidade coa que sempre mantivo enfrontamentos porque a sé episcopal, receosa da puxanza comercial da vila do Eo, gravou unha gran cantidade de impostos, que incluso fixo fuxir para [[Castropol]] a unha parte importante da burguesía comerciante. Territorialmente, no [[1835]], algunhas parroquias do sur do concello de Ribadeo uníronse para constituír o concello de Cedofeita pero no [[1843]], a Xunta Provisional de Goberno de Ribadeo abortou esta iniciativa e nunca máis houbo problemas coa integridade territorial do concello.
 
O [[século XIX]] marca un punto de inflexión decisivo entre o Ribadeo antigo e o Ribadeo que camiña cara aá actualidade coa desaparición da muralla, ademais doutras construcións que marcaban a vida da vila durante os séculos anteriores. O señorío de Ribadeo abarcaba as seguintes parroquias do concello: Santa María do Campo (Ribadeo), Santa María de Vilaselán, San Juan de Piñeira, Santa Eulalia (Santalla) de A Devesa, San Vicente de Cubelas, San Juan de Obe e San Pedro de Arante. O tráfico comercial e a vida económica do porto viuse seriamente afectada pero puido sosterse durante o [[século XIX]], ó permitírselle na década dos [[1840]] comerciar con [[América]], e diversifica-las súas importacións con fertilizantes e coiros e aproveitarse do florecemento [[agricultura|agrícola]], baseado no cultivo do [[trigo]], o [[millo]] e a [[pataca]].
 
=== Século XX e actualidade ===