Pé de hórreo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Deseño: Arranxos varios using AWB
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxo de referencia
Liña 31:
[[Ficheiro:Pés de hórreo en Noia.jpg|dereita|250px|thumb|Pés de hórreo en [[Noia]] (A Coruña)]]
En xeral existen tres tipos básicos de soportes no hórreo galego: os esteos ou columnas, as ''cepas'' ou muros transversais, o ''celeiro'' ou base pechada, e a ''cepa maciza''. É común atopar solucións que combinen todas ou varias das solucións tipo. En todos eles interpóñense entre os soportes e a cámara os tornarratos<ref>https://horreosdegalicia.com/</ref> Cando un tornarratos cobre á vez unha parella de esteos, solución abundante en Ourense e Portugal, chámase '''mesa'''. Os esteos son empregados nas zonas nas que o granito é compacto e resistente, e que corresponde con case toda a provincia de Pontevedra, a parte inmediata da de Ourense e o occidente da da Coruña. Os esteos son monolíticos e teñen formas variábeis tendentes sempre á simplicidade xeométrica.
O uso de esteos impón unha solución construtiva [[Arquitrabe|arquitrabada]] na que escasea o uso da [[cachotería]] na cámara como aparello de peche. E corrente que os esteos teñan un ensanchamento no extremo inferior que lle dá unha forma de bota, e que procura aumentar a superficie de apoio contra o chan. En ocasións os esteos descansan nunha base pétrea, a ''soleira'', que fai as veces de [[alicerce]]; nestes casos é corrente o uso de pequenas canles rodeando a base do esteo, chamadas ''tornaformigas'', que ao se encher de auga coa [[chuvia]] impiden o paso de [[insecto]]s. O número de esteos varia coa lonxitude do hórreo, sempre en número par. Se este está dividido en tramos, a cada un correspóndelle unha parella de esteos; a distancia entre eles ven dada pola lonxitude das padieiras lonxitudinais.<ref name="imr">{{cita libro |apelidos=Martínez Rodríguez |nome=Ignacio |título=El hórreo gallego |editorial=Fundación Pedro Barrié de la Maza |lugarpublicación=A Coruña |ano=1975 |isbn=84-85728-00-9 |lingua=es}}</ref>
 
Os pés dos hórreos ergueitos en terreo comunal teñen o valor legal de seren considerados como sinal de propiedade do anaco de terreo no que este se ergue, até o punto de que, aínda que desapareza o hórreo, o propietario mantén os seus dereitos sobre o soar mentres os pés sigan nel e se o hórreo é desfeito pérdeos ao levar de aló os pés, aínda que os restantes materiais fiquen no sitio.<ref name="casa"/>