Asadur, Maceda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 13:
 
==Toponimia e historia==
Na igrexa parroquia consérvase unha pedra cunha inscrición en [[latín]] posiblemente do [[século III]], que foi usada como ara do altar maior ata a reforma do [[Concilio Vaticano II]]. O texto é unha dedicatoria ó cuestor [[Roma antiga|romano]] Licinius, e di: ''Q. Licinio Veget. / res p. Int. / super alia con/plura merita / pares cum fisco/ rationes infati/gabili cura et / industria eius / consecuta'' ("A respúblicarepública dos Interamnenses fai esta dedicatoria a Quinto Licionio, especialmente a causa da súa infatigable preocupación e traballo por obter do Fisco xustiza nos tributos para aquela"). [[Patrick Le Roux]]<ref>Le Roux, P. (1996): "As ciudades da Gallaecia romana durante O alto Imperio", en ''Gerión'', nº 14:363-379, Servicio de publicacións da Universidade Complutense de Madrid.</ref> afirma que esta inscrición "permite situar de modo case seguro o lugar central dos ''[[interamici]]''". Patrick Le Roux situaría a ''[[civitas Interamicorum]] ''e o seu ''oppidum'' de nome descoñecido na aldea de Asadur.
 
O [[topónimo]] '''Asadur''' procede do [[latín]] ''Saturius'' ou ''villa Saturii''. Na [[Idade Media]] era o lugar era coñecido como Costa de Sadur. Hai constancia documental deste lugar<ref>Duro Peña, E. (1973): ''Archivos Leoneses'', nº 54:309-365)</ref> dende o século X ata mediados do século XIV por fundarse un mosteiro de monxas bieitas.