Camiño Francés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎8ª etapa: Viana - Navarrete: marabedí é con B no DRAG
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 456:
Antes de entrar en [[Cacabelos, León|Cacabelos]] deixa ó lado a igrexa de Santa María, de orixe románica. Tras atravesar Cacabelos e cruzar o [[río Cúa]], dá co Santuario da Quinta Angustia, do s. XVIII. A vila seguinte é [[Pieros]], e a partir de aquí o Camiño segue a beiravía da estrada, se ben pode collerse unha vía alternativa por camiños rurais.
 
Vilafranca do Bierzo (''Villa Francorum'') foi froito dun dos asentamentos dos ''francos'' potenciados por Afonso VI e chegou a ser capital da provincia homónima en [[1822]]. Aquí houbo cinco hospitais e atópase a igrexa de Santiago, dos séculos XII-XIII, na que destaca a Porta do Perdón. O papa [[Calisto III, papa|Calisto III]] concedeu a [[indulxencia|indulxencia plenaria]] ós peregrinos enfermos ou tullidostolleito que conseguían chegar ata esta Porta do Perdón, cos mesmos efectos que se tivesen chegado ó mesmo Santiago.
 
Dáse polo berce de [[Frei Martín Sarmiento]], en [[1695]], se ben outras teorías sitúan o seu nacemento en [[Cerdedo]] (Pontevedra) <ref>[http://www.udc.es/dep/pdce/Sarmiento/SARMIENTO%2012%20WEB.pdf José Santos: "Martin Sarmiento, natural de San Juan de Cerdedo"], en ''Sarmiento, Anuario de Historia da Educación'', nº 12, 2008, pp. 9-21.</ref>, e mais de [[Enrique Gil y Carrasco|Gil y Carrasco]] (1815).