Apollo 15: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxos, removed: {{Astronomía en progreso}} using AWB
texto traducido desde a wiki .es:Apolo_15
Liña 23:
}}
 
'''Apollo 15''' foi a novena misión tripulada do [[programa Apolo]] (denominado oficialmente AS-510), foi lanzado o [[26 de xullo]] de [[1971]] mediante un foguete do tipo [[Saturno V]], en dirección á [[Lúa]].
 
Foi a primeira das misións do tipo J, é dicir, con modificacións na [[Nave espacial|astronave]] que permitía unha duración do voo de ata 14 días.
 
Pouco logo de comezar a órbita lunar número 12, o [[módulo lunar|módulo de descenso]] conseguiu alunizar a 26,08º N 3,66º E (a só un centenar de metros do punto teórico na [[Rima Hadley|rexión de Hadley-Apeninos]], no [[Mare Imbrium]]) levando como tripulantes a [[David Scott|David R. Scott]] -comandante-, [[Alfred M. Worden]] e [[James B. Irwin]].
 
Tras alunizar, Scott realizou un recoñecemento do terreo a través da escotilla superior do módulo lunar, durante 33 min. Tras descender do módulo de alunizaxe "Falcon", os [[astronauta]]s Scott e Irwin empregaron por primeira vez un [[Lunar Roving Vehicle|LRV]] (Vehículo Explorador Lunar ou ''Lunar Roving Vehicle'', fabricado pola compañía [[Boeing]] e a Delco Electronics de [[General Motors]]) que percorreu unha distancia total de 27,9 quilómetros.
 
Durante as 77 h e 55 min de permanencia na superficie do noso satélite, aproveitaron 18 h e 35 min para realizar tres paseos lunares ([[Actividade extravehicular|EVA]]).
 
A primeira saída (EVA-1) cunha duración de 6 h e 32 minutos serviu para explorar co rover lunar o bordo da [[Rima Hadley|grieta Hadley]], instalando unha estación científica, chamada [[ALSEP]], e estudar o chan para rexistrar a temperatura, o fluxo de calor e a condutibilidade térmica.
 
A segunda saída (EVA-2) supuxo estudar durante 7 h e 13 minutos a fronte da cordilleira dos Apeninos e a recolleita de 46 kilogramos de [[rocha lunar|rochas]] variadas.
 
A terceira saída (EVA-3) de 4 h e 50 minutos serviu para realizar experimentos co ALSEP, explorando tamén a grieta Hadley.
 
Antes de abandonar a superficie lunar, recolleron novas mostras de rochas lunares ata completar os 88 kg, ademais de instalar instrumental xeofísico que supoñía deixar nos biosbardos 549 kg de material, así como un pequeno modelo que representaba a un astronauta cunha placa gravada que contiña o nome dos 14 cosmonautas soviéticos e americanos mortos nos ensaios ou durante os voos espaciais. O despegue televisouse por primeira vez mediante unha cámara instalada no rover lunar (LRV).
 
Mentres isto sucedía, desde o [[Módulo de mando e servizo|módulo de mando]] (CM) bautizado "Endeavour", o seu compañeiro [[Alfred Merril Worden]] realizaba máis experimentos e fotografías con cámaras de [[raios X]] e [[raios gamma]].
 
Tamén situou en órbita un subsatélite para efectuar fotografías, e durante o regreso saíu ao espazo (a 315.423 km da Terra) para recoller a película fotográfica xa exposta, nunha EVA de 38 min de duración.
 
A misión finalizou co amerizaxe no [[Océano Pacífico]], sendo os astronautas recolleitos polo portahelicópteros "Okinawa" o 7 de agosto de 1971, tras efectuar 74 órbitas á [[Lúa]] e unha viaxe de 295 h, 11 min e 53 s de duración.
==Véxase tamén==
{{Commonscat|Apollo 15}}