Palestina (rexión): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 23:
Especúlase sobre a existencia ou non do reino unido de Israel no século XI. Tras este suposto reino aparecerían as dúas entidades políticas que gobernarían a rexión durante medio milenio, o [[reino de Xudá]] e o [[reino de Israel]]. Este período foi coñecido como o do ''Reino Dividido''. Os momentos de plena soberanía alternábanse con alianzas estratéxicas e submisión aos imperios limítrofes.
 
Entre as potencias que influíron ou dominaron parte ou toda Palestina durante o primeiro milenio atópanse [[Asiria]] ([[-722|722 a.C.]]), que destruíu o reino de Israel do norte, os [[Exipto|exipcios]] e os [[Babilonia|babilonios]] (fins do [[século -VII|século VII a.C.]]), e os [[Aqueménidas|persas aqueménidas]] ([[-539|539 a.C.]]), os [[Alexandre o Grande|greco/macedonios]] ([[-331|331 a.C.]], permanecendo en poder dos [[Ptolomeo|ptolomaicos]] de 320 a 220 a.C. e dos [[seléucida]]s de 220 a 142 a.C.
 
No século II a.c a revolta xudía contra os seléucidas deu como resultado un novo período de soberanía hebrea, coa dinastía hasmonea, que durou ata o ano de [[63 a.C.]], cando comezou o dominio [[Roma|romanoroma]]no.
 
No ano [[66]] comezou unha rebelión dos xudeus, fortemente reprimida polos romanos coa destrución do templo de [[Iavé]] no ano de [[70]] e só no ano de [[131]] a ''[[pax romana]]'' foi novamente abalada por rebelións ao fin das cales o emperador [[Hadriano]] tornou Xerusalén na ''Colonia Aelia Capitolia''.
 
Foi durante esta época pola que os romanos chamaron á rexión "Palestina".
Liña 36:
 
=== O establecemento dos árabes ===
Ao contrario de varias potencias que por alí só estenderon o seu dominio de paso, ás veces legando a administración da rexión a potentados locais, os árabes ''establecéronse'' na rexión, e o primeiro elemento cultural que introduciron foi a lingua, unha vez que, emparentada co [[lingua aramea|aramaico]], obtivo fácil aceptación.
 
Desde o ano de [[660]] ata [[750]], vigorou o dominio [[omíada]]s, con capital en [[Damasco]] datando de aí a construción do ''Nobre Santuario'' na [[Explanada das Mesquitas]] en [[Xerusalén]], substituída pola dinastía dos [[abásida]]s con capital en [[Bagdad]], que dominou ata o ano de [[974]], seguíndose a dinastía dos [[fatímidas]] que perduraron ata o ano [[1071]].
 
Ao fín do longo dominio árabe de máis de catro séculos, a relixión [[Islam|islámica]] acabou sendo amplamente maioritaria, seguida dunha pequena minoría de cristiáns e un menor número aínda de xudaítas Samaritanos, até que, no ano de [[1072]], sobreveu a conquista da rexión polos turcos [[selxúcidas]] que tiñan capital en [[Bagdad]].
 
No ano [[1099]], coa [[Primeira Cruzada]], os europeos conquistaron Xerusalén e aló estableceron o seu dominio baixo o nome de '''Reino Latino de Xerusalén''' cuxa existencia periclitante en medio da sociedade islámica perdurou ata o ano de [[1187]], cando a cidade foi reconquistada por [[Saladino]].
Liña 66:
{{Países e territorios do mar Mediterráneo}}
{{Liga árabe}}
 
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Palestina]]