Atamán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Portal|Rusia}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 6:
 
* '''Tradicional e historicamente''':
Entre os cosacos en Rusia e en Ucraína, refiríase ao Comandante en xefe do Exército Cosaco ou dunha unidade militar cosaca en tempos de guerra; en tempos de paz, era a autoridade civil máxima dunha rexión poboada na súa maioría por cosacos de orixe. Elixíase [[Democracia|democraticamente]] (aproximadamente desde o século X) polos integrantes dunha comunidad [[cosacos|cosaca]] por un período de un ano.<br><br>

Podía ser destituído do seu cargo por a unanimidade dos votos de toda a comunidade en calquera momento por non cumperir coas súas responsabilidades, abuso de poder, crimes e/ou delitos que prexudicaran á comunidade cosaca, así como reelixido por outros períodos indefinidamente. Xuridicamente un atamán non contaba con ningún tipo de impunidade ante o poder lexislativo da comunidade cosaca. Os requisitos eran: ser un cosaco nativo, maior de 18 anos e ter aptitudes, experiencia, respecto e a confianza dunha comunidade cosaca. En relación co anterior, formalmente o rango militar dun elixido para ser atamán non era un factor excluínte.<br><br>

Tiña atribucións militares (Comandante en xefe) de todas as tropas compostas polos cosacos de orixe en tempos de guerra e/ou en misións militares especiais. En tempos de paz, a súa responsabilidade era velar polo benestar da comunidade, planificación, xestión e relacións administrativas cívicas e políticas externas e internas en representación e en beneficio dunha comunidade cosaca.
 
* '''Interpretación subxectiva''':
Liña 13 ⟶ 17:
== Un atamán famoso ==
[[Ficheiro:10 hryvnia 1992 front.jpg|miniatura|200px|Retrato de Iván Mazepa nun billete de 10 grivnias ucraínas.]]
Entre os atamáns da historia destaca a figura de [[Iván Mazepa]] (1639-1709), que foi o atamán do [[Hetmanato cosaco]] desde 1697 a 1708, e que, na [[batalla de Poltava]], desertou do exército do [[tsar]] [[Pedro I de Rusia]], pasándose ao do rei de [[Carlos XII de Suecia]], polo que durante toda a posterior historia de [[Rusia]] e da [[Unión Soviética]] foi considerado como o arquetipo da traizón.
 
Porén, os [[ucraína|ucraínos]] considérano un heroe nacional, e a súa efixie represéntase, desde a [[independencia de Ucraína]], nos billetes de 10 [[grivnia]]s.
 
Mazepa é o protagnista de '''''[[Mazepa]]''''' (título orixinal en [[lingua rusa|ruso]], '''''Мазепа'''''), [[ópera]] en tres actos e seis escenas con música de [[Piotr Ilich Chaikovski]] e [[libreto]] en ruso de [[Víktor Burenin]] sobre o poema [[Poltava (poema)|''Poltava'']] de [[Alexander Pushkin]].
Liña 23 ⟶ 27:
=== Outros artigos ===
* [[Hetmanato cosaco]]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Militares]]