Mircea I de Valaquia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 19 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q322043
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:MirceacelBatran.jpg|miniatura|150px|Mircea cel Bătrân.]]
 
'''Mircea cel Bătrân''', quen reinou entre [[1386]] e [[1418]], foi un dos máis importantes donos de [[Valaquia]]. O seu nome significa "Mircea o Vello", nome atribuído despois da súa morte, para distinguilo do seu neto [[Mircea II de Valaquia|Mircea II]] ("o Mozo"). Dende o [[século XIX]], a historiografía romanesa chámao "'''Mircea cel Mare'''" ("Mircea o Grande").<ref>Hasdeu, p. 130; Xenopol, p, 89; Iorga, p. III</ref>
 
Mircea foi o fillo do [[voivoda]] Radu I e de Dona Calinica, descendente da [[Casa de Basarab]].
 
As fronteiras de [[Valaquia]] mudaron a través da historia, sendo durante o reinado de Mircea, cando Valaquia comprendeu a súa meirande área en tempos medievais: dende o [[río Olt]] no norte até o [[río Danubio]] no sur, e dende as "[[Portas de Ferro (Danubio)|Portas de Ferro]]" no oeste até o [[mar Negro]] no leste.
 
Mircea fortaleceu o poder do estado e organizou varios oficios, promoveu o desenvolvemento económico, aumentou os ingresos do estado, e acuñou moedas de prata que circularon tamén nos países veciños. Ofreceu aos comerciantes de [[Polonia]] e [[Lituania]] privilexios e renovou os privilexios que os seus antecesores deran aos habitantes de [[Braşov]]. Mircea permitiuse deste xeito aumentar o seu poder militar. Fortificou as fortalezas do [[Danubio]] e "o exército grande", composto de cidadáns e de campesiños libres ou dependentes. Apoiou tamén á Igrexa.
 
Mentres organizaba o seu país, coidouse de formar un sistema de alianzas que lle permitise defender a independencia do país. A través do intermediario [[Pedro I de Moldavia|Petru Muşat]], príncipe de [[Moldavia, Romanía|Moldavia]], concluíu en [[1389]] un tratado de alianza con [[Ladislao II de Polonia]], o rei de Polonia. O tratado foi renovado en [[1404]] e [[1410]]. Mantivo relacións estreitas con [[Sexismundo do Sacro Imperio Romano Xermánico|Sexismundo de Luxemburgo]], rei de Hungría, baseándose no seu interese común de loitar contra a expansión [[Imperio otomán|otomá]].
 
As súas intervencións para apoiar aos pobos [[Cristianismo|cristiáns]] do [[sur]] do [[Danubio]], que estaban a loitar contra os turcos, causaron o seu enfrontamento co [[Imperio otomán]]. En 1394 [[Bayezid I]] ("o Lóstrego") pasou o Danubio con 40.000 homes, un continxente impresionante na época. Mircea tiña 10.000 homes, así que non era conveniente unha batalla en campo libre. Elixiu o que hoxe se chamaría unha guerra tipo "[[guerrilla]]", deixando ao exército contrario sen alimentos e usando ataques e retiradas frecuentes (un exemplo típico de [[guerra asimétrica]]). No [[10 de outubro]] de [[1394]], os dous exércitos enfrontáronse na [[Batalla de Rovine]], nun terreo con bosques e pantanos, que impediu aos otománs espallar o seu exército; os otománs non conseguiron derrotar ao exército de Mircea. Esta batalla foi invocada no [[poema]] de [[Mihai Eminescu]], "''A terceira epístola''".
 
Apoiado por [[Sexismundo de Luxemburgo]], Mircea derrotou tamén a [[Vlad I de Valaquia|Vlad Uzurpatorul]], monicreque do sultán otomán, quen pretendía o seu trono. En [[1396]] Mircea participou nunha [[cruzada]] anti-otomá, organizada polo monarca húngaro. A cruzada rematou coa vitoria otomá na [[Batalla de Nicópole]], no [[25 de setembro]]. O ano seguinte, en [[1397]], Mircea obstaculizou outra expedición otomá que tentaba cruzar o [[Danubio]], e en [[1400]] derrotou unha expedición turca que tentaba cruzar o seu país.
[[Ficheiro:Wallachia Mircea the Elder.png|miniatura|250px|Valaquia durante o reinado de Mircea cel Bătrân (1406)]]
A derrota de [[Bayezid I]] por [[Timur Lenk]] en Ankara, no verán de [[1402]], abriu un período de [[anarquía]] no [[Imperio otomán]], e Mircea aproveitouse para organizar xunto co rei de Hungría unha campaña en contra dos turcos. En [[1404]] Mircea foi capaz de conseguir de novo o mando en [[Dobruia]]. Máis aínda, Mircea participou nas loitas para o trono do Imperio Otomán, apoiando a Musa, quen chegou a reinar por un curto período. Foi o auxe do poderío do príncipe.
 
"O máis valente e máis hábil dos príncipes cristiáns", como o describiu o historiador [[Alemaña|alemán]] Leunclavius, Mircea gobernou Valaquia por 32 anos. Á parte dos seus logros militares, Mircea foi un amante da [[arte]], deixando entre outros monumentos o fermoso [[Mosteiro Cozia]], construído segundo o modelo da Igrexa Krusevac en [[Serbia]].
 
{{Sucesión|
Liña 28:
== Notas ==
<references />
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Monarcas]]