Sauron: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 24:
Na [[Terra Media]], o universo de ficción de [[Tolkien]], '''Sauron''' é un [[Maiar|Maia]] antagónico dos [[elfo]]s, [[Home (Terra Media)|homes]] e tódolos pobos libres da [[Terra Media]]. Fai a súa primeira aparición no principio dos días, moito antes da [[Primeira Idade]] e é finalmente derrotado o 25 de marzal de 3019 da [[Terceira Idade (Tolkien)|TI]].
Sauron é o personaxe que dá nome á triloxía d'''[[O Señor dos Aneis]]'' por ser o Creador e Señor do [[Anel Único]].
 
Este espírito perverso representa gran maldade para os pobos da [[Terra Media]] e débeno vencer finalmente n'''[[O Señor dos Aneis]]'', historia situada cronoloxicamente despois d' ''[[O Hobbit]]''. En ambos os libros a figura de Sauron está presente, en maior ou menor medida. Así mesmo, boa parte da trama d' ''[[O Silmarillion]]'' enrédase con Sauron.
Liña 35:
== Historia de Sauron ==
 
Sauron permaneceu na [[Terra Media]] durante máis de 16.000 anos, moito máis que tódolos seus principais inimigos, excepto quizais [[Círdan]] o Construtor de Barcos.
 
Como antes se menciona, Sauron é un [[Ainur|Ainu]], un dos Maiar, contado entre o séquito de Aulë, o ferreiro, polo que tiña altos coñecementos neste campo. Pero Sauron tamén tiña moitos outros poderes: o poder de cambiar a súa forma á que quixera, poder que utilizou para enganar ós [[Noldor]] máis dunha vez, e ós homes de [[Númenor]]. Tamén podía manexar os espíritos menores e invocalos (de aí talvez o nome de ''Nigromante'' ou ''Feiticeiro''), e tamén podía chamar espíritos malignos e metelos dentro de criaturas monstruosas (de onde saca o nome de ''Señor dos Licántropos''; el mesmo transformouse unha vez nun lobo terrible). Tamén podía crear ilusións nas persoas de mente débil, entre moitos outros poderes.
 
Desde que é corrompido, Sauron convértese no máis temido dos servidores de Morgoth, e dise que é posible que Sauron fora dos máis poderosos entre os Maiar. Sábese porén polos escritos do autor que Sauron temía profundamente a [[Melian]] a Maia, esposa de Thingol, e nunca se atreveu a desafiala.
 
=== Sauron antes e durante a Primeira Idade ===
[[Ficheiro:Sauron replica.jpg|miniatura|250px|Sauron nos filmes de Peter Jackson]]
Durante a [[Primeira Idade]] Sauron serviu a [[Morgoth]] como o seu lugartenente. Durante os [[Anos das Lámpadas]], mentres Melkor residía en [[Utumno]], Sauron fíxose cargo da recentemente construída [[Angband]]. Trala [[Guerra dos Poderes]] e a destrución de Utumno, Sauron escondeuse e os Valar non puideron atopalo. Tralo retorno de Morgoth, púxose novamente ás súas ordes. Coñecido polos elfos como [[Gorthaur]] o Cruel, era un mestre das ilusións e a metamorfose. Tiña como serventes ós homes-lobo e outros demos, pantasmas e formas horripilantes, e durante este período conquistou a illa élfica de [[Tol Sirion]], chamada desde entón ''Tol-in-Gaurhoth'', a Illa dos Licántropos. Dominouna baixo un feitizo de medo que fixo fuxir ós Noldor.
 
Sauron é o máis letal dos serventes de [[Morgoth]] na Primeira Idade e comanda un exército propio. O personaxe antagónico a Sauron na PI é [[Melian]] a Maia, esposa de [[Thingol]], e é preto dela que Sauron participa na maior parte da Historia. Sauron está estreitamente envolto na historia de [[Beren]] e [[Lúthien]] e na liberación do [[Silmaril]]. Desde a torre de [[Tol-in-Gaurhoth]] (Minas Tirith de [[Finrod]] rebautizada "Illa dos Licántropos") sae un poder maligno que sempre se enreda co poder da [[Cintura de Melian]]. Entre outras batallas importantes, [[Finrod Felagund]] faille fronte a Sauron cara a cara, pero cae baixo os enganos deste espírito, máis poderoso ca el.
 
Sauron sofre a primeira das súas grandes derrotas na Primeira Idade cando [[Lúthien]] chega a rescatar a [[Beren]], preso nos calabozos da Torre de Sauron; ela lanza un canto de encantamento e está acompañada por [[Huan]], o can de [[Valinor]]; ambos enfróntanse a Sauron, que é inmobilizado polos poderes da filla de Melian, e é atacado por Huan. Sauron foxe da Torre á Fraga de [[Taur-Nu-Fuin]], onde se lle menciona por última vez dentro da historia dos Silmarils.
Liña 54:
Trala caída definitiva de [[Morgoth]] na [[Guerra da Cólera]], e logo de ver o poderío dos Señores do Occidente, Sauron amedrentouse e pediu perdón e clemencia. [[Eönwë]], o Heraldo de [[Manwë]], cominouno a ir a [[Valinor]] para ser xulgado, pero Sauron non desexou recibir condena algunha, pois tivera moito poder baixo Morgoth, e o mal estaba demasiado presente nel. Foi así que permaneceu na Terra Media durante as idades sucesivas, levantándose como novo Señor Escuro.
 
Ó inicio da [[Segunda Idade]] concéntrase no engano e a persuasión antes de despregar as súas forzas, de maneira que usou unha nova identidade facéndose chamar ''[[Annatar]]'' o "Señor dos Dons", presentándose cunha fermosa forma e dicindo ser enviado polos [[Valar]] para axudar ós [[Noldor]] nas súas tarefas para embelecer a [[Terra Media]] durante a Segunda Idade. Sauron no personaxe de Annatar é expulsado de [[Lindon]], a Terra de [[Gil-Galad]], posto que tanto o primeiro como [[Galadriel]] e [[Elrond]] desconfiaban deste novo personaxe. Pero foi ben recibido por [[Celebrimbor]] en [[Ost-in-Edhil]], a principal cidade de [[Eregion]], onde persuadiu ós Elfos para que forxasen os [[Aneis de poder]]. Porén o [[Anel Único]] foi forxado só por el nos fogos do [[Orodruin|Monte do Destino]], feito para dominar a tódalas razas da [[Terra Media]]. Sobre a sorte dese Anel e as guerras que por el se libraron trata ''[[O Señor dos Aneis]]''.
 
A Segunda Idade é chamada "os Anos Escuros", xa que, agás as protexidas [[Lindon]] e [[Imladris]], Sauron estende a escuridade, dominando ós Homes menores da Terra Media, quen, cheos de medo, o veneraban como un deus. Cando [[Celebrimbor]] descobre o engano de Sauron e oculta os tres aneis élficos, o Maia enfurécese e pretende facer pagar ós elfos o que el consideraba unha traizón, e invade [[Eriador]] e asola todo o que se atopa ó seu paso. Destrúe Eregion por completo e toda Eriador cae baixo o seu poder. Ata o ataque dos Elfos no norte e os numenorianos no sur: esta é a segunda gran derrota de Sauron. Ó ser derrotado, Sauron foxe ó leste, onde se refuxia e intenta recuperar o seu poder.
 
A finais da Segunda Idade Sauron é o señor máis poderoso da [[Terra Media]]. Isto esperta a ira e a envexa de Ar-Phârazon, o último rei de Númenor, quen vai ás Beiras de [[Umbar]] (dominio numenoriano), cun poderoso exército e esixe a Sauron a súa rendición, so pena de destruílo. O Señor Escuro acepta renderse e vai como prisioneiro a Númenor, non porque realmente eles puideran atar a Sauron, que posuía o Anel Único, senón porque os seus desexos eran infiltrarse en Númenor e persuadir ó rei [[Ar-Phârazon]] de venerar a escuridade, desexar a vida eterna, rexeitar ós Elfos e ós Valar e pechar as chegadas a porto dos Elfos da Illa Solitaria.
 
Persuádeo para atacar [[Valinor]] e rebelarse contra os [[Valar]]. O rei atende estes consellos e forma unha grande armada (a máis grande de toda a historia da Terra Media) e diríxese a [[Tol Eressëa]] co fin de invadir Valinor. A ira dos Valar esperta e solicitan a [[Ilúvatar]] que free as ambicións dos [[numenorianos]], levantando este unha grande onda que provoca a destrución e o afundimento da illa de Númenor, da que se salva o seu xa declarado inimigo: [[Elendil]].
 
Dise na historia da [[Akallabêth|Caída de Númenor]], que Sauron, atrapado pola grande onda que destruíu esta illa, perdeu a capacidade de tomar unha forma amable e fermosa, é dicir, perdeu a capacidade de transformarse en Annatar para sempre. Pero o seu escuro espírito sobrevive, e regresa como vento maligno á [[Terra Media]], apousentándose novamente na Torre Escura. En adiante, séndolle imposible recuperar outra vez unha forma que parecerá adecuada ós ollos dos homes, só mediante a forza e o medo logrou conservar o seu poder.
Liña 72:
Posteriormente o [[Consello Branco]] (logo de coñecer a verdadeira identidade do Nigromante) loitou por expulsalo do Bosque Escuro (baixo o mando e as estratexias de [[Saruman]], nese entón líder do Consello), e, tras aparentemente conseguilo, Sauron regresou a [[Mordor]] (facendo pensar ó Consello que triunfaran), onde reconstruíu [[Barad-dûr]] e conxurou arredor de si un inmenso exército de homes do Sur, orcos e outras criaturas malvadas. En realidade a estratexia do Consello non tivo éxito, pois desta forma Sauron consumou o seu plan de regresar a Mordor, onde as súas forzas xa se estaban preparando, e en [[Minas Morgul]] os [[Nazgûl]] xa se reuniran outra vez.
 
O fin último de Sauron estaba case consumado: tería o poder dos Noldor, o que máis desexou durante toda a súa existencia. Xa que estes usaran os Aneis do Poder, atados ó seu, só tiña que atopar o Anel Dominante e os Elfos caerían baixo o seu poder.
 
As forzas de Sauron foron derrotadas na [[Batalla dos Campos de Pelennor]], pero o exército do Oeste non podía derrotalo definitivamente se o Portador do Anel non consumaba a súa misión.
 
Foi finalmente derrotado cando [[Gollum]] caeu co Anel Único ás lavas do [[Orodruin|Monte do Destino]], destruíndo desta forma o principal depósito do poder maligno de Sauron. Así, dise que Sauron convértese en algo menos que un leve vento maligno, e o seu poder desfaise e esfúmase de tódalas esquinas do mundo. Seica Sauron volverá ó final dos tempos na [[Dagor Dagorath]], pelexando xunto a [[Morgoth]] e sen necesidade de recorrer ó [[Anel Único]]. Nesa batalla Sauron encontrará a fin, igual que o seu mestre.
 
== A transcendencia do mal de Sauron ==
Sauron é derrotado en 3019 da Terceira Idade, sen presentar batalla ós seus principais e máis odiados inimigos: [[Círdan]], [[Galadriel]] e [[Elrond]], pero a destrución do Anel Dominante sela da mesma forma a fin da historia dos Altos Elfos na [[Terra Media]]; os señores elfos usaran nos seus reinos o poder dos Tres, preservando intacto todo o que arredor deles se encontraba, por isto os seus reinos eran os máis fermosos da terra, e tamén os máis fortes, pero os Tres non estaban libres do Único, e só a presenza do Único no mundo mantiña o poder latente nos Tres.
 
Unha vez destruído o Único, os Tres perderían todo o seu poder, máis tarde que cedo, causando que todo aquilo feito con eles se murchara e se perdera nas páxinas do esquecemento.
 
Os Altos Elfos xa non podían vivir nun mundo minguante, porque o seu destino era estar sempre no mundo, así que partiron cara ás terras que teñen o mesmo destino que eles, navegando máis alá dos mares a través do [[Camiño Recto]], e chegaron a [[Tol Eressëa|Eressëa]], nas [[Terras Imperecedoiras]], para non regresar xamais.
 
{{O Señor dos Aneis}}