Beowulf (poema): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 15:
[[Ficheiro:Beowulf (geography)3.PNG|dereita|200px|miniatura|Unha aproximación ás rexións centrais das tribos mencionadas no Beowulf. A área vermella é [[Västergötland]] (a rexión nuclear de [[Geatland]]), a área amarela é o territorio que gobernaban os [[wulfingas]], á área rosa é o territorio [[Dinamarca|dinamarqués]]. A área verde é o territorio dos [[suecos]]. A área azul representa a terra dos [[xutos]], mentres que a área laranxa pertence aos [[frisios]].]]
 
Desenvólvese en Dinamarca, onde o espléndido palacio de [[Heorot]] se ve asolado polos mortais asaltos do [[xigante]]-[[troll (mitoloxía)|troll]] [[Grendel]], que se ensaña cos criados e guerreiros do rei [[Hrothgar (Beowulf)|Hrothgar]], devorándoos.
 
Inesperadamente, preséntase no palacio o mozo Beowulf, príncipe dos gautas de [[Gëatlantt]] ([[Suecia]] meridional), cun grupo dos seus partidarios e ofrece ao monarca destruír ao monstro. A primeira impresión de Hrothgar é de escepticismo fronte ás pretensións do descoñecido heroe, pero recíbeo xentilmente e ao cabo dun espléndido banquete, encoméndalle a tarefa ao recén chegado.
Liña 39:
 
* '''[[Beowulf, heroe|Beowulf]]''': Personaxe protagonista do poema épico anglosaxón homónimo, ambientado na [[Escandinavia]] medieval. Fillo adoptivo de [[Hygelac]] e posteriormente rei de Gëatlantt.
 
* '''[[Grendel]]''': [[troll (mitoloxía)|Troll]] demoníaco que habitaba coa súa nai nunha cova nas marismas próximas a Heorot e que, ao inaugurarse a luxosa sala de Hrothgar, comezou a acosar aos nobres que se reunían alí, matándoos, ata se apoderar do pazo. Finalmente é morto por Beowulf nun combate individual sen armas.
 
* '''[[Hrothgar]]''': Rei de Heorot, é o segundo de tres irmáns (os outros dous son Heorogar e Faga). O seu nome significa "Lanza veloz".
 
* '''A nai de Grendel''': descrita no poema como unha "troll femia", aínda que na [[mitoloxía escandinava]] todos os trolls son andróxinos. É morta por Beowulf en combate senlleiro no fondo dunha poza na cova onde habitaba con Grendel.
 
* '''[[Wiglaf]]''': sobriño de Beowulf, asístelle na súa batalla co dragón. Á morte de Beowulf, este dálle en herdanza o seu torque de ouro e encoméndalle o reino de Gëatlantt.