Pradaría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
[[Ficheiro:Fotos Galicia II 088.jpg|miniatura|250px|Pradería na interior da provincia da Coruña, Galiza.]]
[[Ficheiro:Prau.JPG|miniatura|250px|Pradería de sega en [[Valdáliga]] ([[España]]). A herba córtase segundo medios manuais ou mecánicos pra a alimentación do gando.]]
Unha '''pradería''' é unha terra chá ou de relevo suave, húmida ou de [[regadío]], na cal seméntase e medra a [[herba]] co fin de xerar [[pasto]] para o [[gando]]. Polo xeral os prados [[mesofítico]]s medran en rexións húmidas e non moi frías, nas que apenas existe seca, baixo o dominio dos bosque [[caducifolio]]s ou [[aciculifolio]]s. As praderías forman [[ecosistema]]s creados pola actividade humana como fundamento dunha economía rural baseada na [[Gandería|gandaría]], mantendo a vexetación nun estado de subclímax.
 
== Características ==
Están formados por plantas [[herbácea]]s verdes de escasa altura e de raíces [[perenne]]s, que forman un tapizado constituíndo un tupido e continuo [[céspede]]. A [[flora]] herbácea vivaz predominante nas praderías son as [[gramínea]]s: [[Cardamine pratensis]], [[Centaura nigra]], [[Festuca arundinacea]], [[Linum bienne]], [[Lolium perenne]], [[Lotus corniculatus]], [[Poa pratensis]], [[Plantago lanceolata]], [[Holcus lanatus]], [[Dactilis glomerata]], [[Primula vulgaris]] ou [[Taraxacum officinale]], entre outras. Posúe unha gran potencia produtiva que vai en dependencia do estado de [[estrés]] destas. O período vexetativo e de pastoreo destes espazos varía en función do frío.
 
En certo lugares xeográficos a vexetación destes ecosistemas acadou un estado [[clímax]], sendo praderías naturais. Este é o caso dos prados de montaña de tipo alpino, así como o das grandes formacións herbáceas do mundo, como as praderías [[Norteamérica|norteamericanas]] de gramíneas altas anuais.
 
== Aproveitamento ==
Segundo o xeito de aproveitamento pódense distinguir entre:
*'''Praderías de sega'''. Aquelas cunha topografía chá ou convexa destinadas a un aproveitamento pouco intensivo e xeralmente[[esterco|estercados]] e abonados. Neles extráese a herba durante varios cortes ao longo do ano sen que entre o gando.
*'''Praderías de dente'''. Son os pastizais sometidos a pastoreo intensivo situados polo xeral en lugares de difícil topografía para poder ser explotados como praderías de sega.
 
== Véxase tamén ==
===Outros artigos===
*[[Braña (terreo)]]
 
[[Categoría:Ecosistemas]]