Vitamina A: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-biodisponibilidade +biodispoñibilidade)
m Arranxos varios using AWB
Liña 6:
Nos alimentos está presente sempre en forma de vitamina preformada ou de provitamina que, no noso organismo, se transformarán en vitamina.
* Nos '''alimentos de orixe animal''' ([[fígado]], [[Ovo (alimento)|ovos]] e [[leite|produtos lácteos]], como dixemos) está en forma de ésteres del retinol.
* Nos '''alimentos de orixe vexetal''' ([[cenoria]]s, [[espinaca]]s etc.) está en forma de [[caroteno]]ides, sobre todo como '''[[beta-caroteno|β-caroteno]]'''. O metabolismo destas substancias pode dar lugar, segundo a fonte e o mecanismo químico de transformación –hidrólise ou oxidación-, a retinol, a retinal (tamén chamado retineno, retinaldehido ou aldehido de vitamina A) ou a ácido retinoico.
 
A vitamina A foi a primeira vitamina descuberta, en [[1913]]. Os investigadores [[Elmer McCallum]] e [[Marguerite Davis]], da Universidad de Wisconsin-Madison, conseguiron demostrar que, para conseguir un crecemento normal en [[rata]]s, era necesario suplementa-la dieta experimental (formulada con [[principio inmediato|principios inmediatos]] puros) cun “factor liposoluble A”, que achegaban engadindo [[manteiga]] ou aceite de fígado de [[bacallau]], e un “factor liposoluble B”, que achegaban con sementes de [[trigo]]. Descoñecendo completamente a posible composición dos nutrintes que puideran conter eses suplementos, escolleron as primeiras letras do alfabeto para nomealos.
Liña 12:
Fue sintetizada no laboratorio en [[1947]] polos químicos holandeses David Adriaan van Dorp e Jozef Ferdinand Arens.
 
A efectos de análises de alimentos ou de necesidades recomendadas na dieta ([[RDA]], ''Recomendated Dietary Allowances''), a actividade vitamínica A medíase en ''Unidades Internacionais'' (UI) pero, actualmente, úsase o ''Equivalente Retinol'' (ER), tendo en conta que o retinol se absorbe mellor e ten máis actividade que os carotenoides. Así, 1 ER equivale a 1 μg de retinol, a 12 μg de beta-caroteno ou a 24 μg doutros carotenoides. <ref> Esta equivalencia está tomada de ''Harrison online''; en Vázquez e outros, a equivalencia é de 1 μg de retinol = 6 μg de beta-caroteno = 24 μg doutros carotenoides. Véxase Bibliografía.</ref>. A correspondencia sería de 1 ER = 3,3 UI de vitamina A, ou 1 UI = 0,33 ER.
 
== Funcións biolóxicas ==
Liña 34:
 
== Alimentos que a conteñen ==
A vitamina A contida nos alimentos que inxerimos nunha [[dieta]] suficiente e variada abonda para cubri-las nosas necesidades diarias, non sendo recomendable a súa suplementación en forma de [[fármaco]] illado, salvo en casos especiais e baixo vixilancia [[medicina|médica]].
 
Hai dúas orixes de vitamina A na dieta. As formas activas, dispoñibles directamente polo organismo, proceden de alimentos de orixe animal, entre os que destacan o [[leite]] e os seus [[produtos lácteos|derivados]] ([[manteiga]] e [[queixo|queixos graxos]]), o [[fígado]] (de vacún, porco, polo, pavo ou peixes) e mailos [[Ovo (alimento)|ovos]] (concretamente, a xema). Porén, cómpre ter presente que todos estes alimentos, excepto o leite descremado enriquecido con vitamina A, presentan o inconveniente de ter un alto contido en [[graxa|graxas saturadas]] e [[colesterol]].
Liña 47:
</gallery>
 
A [[biotecnoloxía]] está desenvolvendo desde [[2001]] un [[arroz]] [[OMG|modificado xeneticamente]] para alcanzar altas concentracións de β-caroteno <ref> Ye et al. (2000): "A enxeñería xenética para dar ó endosperma de arroz un camiño de síntese da provitamina A beta-caroteno", en ''Science'' 287. </ref>, o chamado '''[[arroz dourado]]''' (''Golden rice''). En [[2005]] presentouse unha nova variedade que produce máis de 23 veces o β-caroteno que tiña a primeira variedade de arroz dourado (téñase en conta que no arroz normal non hai carotenos). O seu obxectivo iría dirixido, segundo as empresas que o patentaron, a suplementa-la dieta dos habitantes de países pobres que non poden conseguir unha dieta variada que cubra as súas necesidades de vitamina A. Ningunha destas variedades está aínda aprobada para o consumo humano.
 
== [[Avitaminose]] ==
Liña 72:
As autoridades sanitarias recomendan non supera-lo límite duns 3.000 μg diarios (ó redor de 10.000 UI).
 
En [[xaneiro]] de [[1913]], o explorador suízo [[Xavier Guillaume Mertz]] morreu por intoxicación aguda por consumo de vitamina A ó quedar perdido nos xeos [[Antártida|antárticos]] e ter que recorrer a come-los [[can]]s que tiraban da súa [[zorra]]. Foi a primeira morte documentada por hipervitaminose A <ref>¿O mellor amigo do home? [http://student.bmj.com/back_issues/0502/life/158.html ¿O mellor amigo do home?]</ref>. Hoxe sábese que o fígado de cans esquimós, de [[oso polar|osos polares]] e dalgúns [[tabeirón]]s conteñen cantidades de vitamina A tan elevadas que resultan tóxicas para o home xa a niveis de 30-100 g de fígado.
 
O consumo excesivo de carotenoides en alimentos vexetais non ten os graves efectos citados no caso da vitamina preformada en alimentos animais, pero pode dar lugar a carotinemia (tamén chamada xantemia e pseudoictericia), e que consiste na pigmentación amarelada da pel. Algúns estudos asóciano un aumento de [[cancro]] de [[pulmón]] en homes [[tabaco|fumadores]], cun efecto contrario en non fumadores.
 
Igualmente, o consumo excesivo de vitamina A preformada durante os primeiros meses do embarazo asóciase con malformacións no neonato <ref> Challem, Jack: "Caution Urged With Vitamin A in Pregnancy: But Beta-Carotene is Safe", en ''The Nutrition Reporter Newsletter'', 1995; Stone, Brad: ''Vitamin A and Birth Defects'', 6 October 1995.</ref>. Estas malformacións poden ser graves e mesmo causarlle a morte. A [[FDA]] (''Food and Drug Adminstration'') recomenda ás mulleres embarazadas non supera-las 5.000 UI diarias de vitamina A preformada e baixo ningún concepto unha suplementación sobre a inxesta normal na dieta.
 
{{Vitaminas}}