Efecto invernadoiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 3557669 de 81.38.96.230 (conversa)Acción vandálica que subliña partes do texto sen ningún fundamento claro
m →‎Fundamentos: Arranxos varios using AWB
Liña 6:
 
== Fundamentos ==
A radiación electromagnética é capaz de elevar o estado térmico de calquera corpo a un nivel superior (maior temperatura), incluso a través do baleiro. Tódolos corpos, polo mero feito de estaren a unha certa [[temperatura]] superior ó [[cero absoluto]], emiten unha determinada cantidade de [[radiación electromagnética]] (véxase [[corpo negro]]) arrefriándose e quentando outros corpos. Tamén son capaces de absorberen esa radiación, quentándose.
 
Cando a radiación [[Sol|solarsol]]ar chega á superficie da [[Terra]], esta quéntase. A enerxía absorbida é remitida como [[radiación infravermella]]. Porén, non toda esta radiación pode escapar de volta ó espazo, xa que unha parte é absorbida de novo pola atmosfera (ó redor dun 90%), sendo un fenómeno similar ó que mantén a temperatura cálida no interior dun [[invernadoiro]], fenómeno do cal recibe o seu nome. Deste xeito, o equilibrio térmico establécese a unha temperatura superior á que se obtería sen este efecto. En zonas da terra cuxa atmosfera ten pouca proporción de gases de efecto invernadoiro (especialmente de vapor de auga), como nos grandes desertos, as flutuacións de temperatura entre o día (absorción de radiación solar) e a noite (emisión cara ó ceo nocturno) son moi grandes.
 
A importancia dos efectos de absorción e reemisión de radiación na atmosfera son fundamentais para o desenvolvemento da vida tal e como a coñecemos. De feito, se non existise este efecto, a temperatura media da Terra sería entre 30 [[Grao Celsius|°C]] e 40 °C menor, situándose a case 20 °C baixo cero. (Ver: '''''[[Balance radiativo terrestre]]''''')