Hesíodo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 6:
Naceu en [[Ascra]], preto de [[Tebas, Grecia|Tebas]] sobre a segunda metade do [[século -VIII]] ou a primeira do [[século -VII]] Foi labrego e fillo dun comerciante. A tradición sitúao como contemporáneo de [[Homero]] e mesmo rival seu en certames poéticos.
 
Adoita considerarse o máis antigo dos poetas helenos despois de Homero e, durante boa parte do [[século XIX]], a crítica chegou a dubidar da súa auténtica existencia, aínda que esta parece fóra de toda dúbida na actualidade. A familia de Hesíodo estableceu a súa residencia en [[Beocia]], procedente de [[Cumas|Cime]] de [[Eolia]], lugar de orixe do seu pai. Pouco se sabe da súa vida; parece que foi fundamental nela a inimizade co seu irmán Perses por mor da herdanza paterna, e este tema abordou na súa obra ''[[Traballos e días]]''. Morto o seu pai, Hesíodo estableceuse en [[Naupacto]], onde pasou a súa mocidade ao coidado dun rabaño de ovellas e levando a vida plácida e sinxela dos campesiños gregos.
 
Os actuais especialistas sitúan como contemporáneo de Homero a Hesíodo, mais a súa poesía, moi afastada do estilo épico e grandioso da daquel, está destinada a instruír máis que a exaltar. Sábese tamén que en [[Calcis]] ([[Eubea]]) participou nun concurso de [[aedo]]s e obtivo a vitoria. Parece que morreu en Ascra e as súas cinzas conserváronse en [[Orcómeno]], onde lle renderon honores como a un fundador da cidade.
 
Moitas das obras que durante a Antigüidade se lle atribuían, como os poemas sobre arte adiviñatoria ''A ornitomancia'', ''Os versos mánticos'' e ''As explicacións dos prodixios'', non son realmente súas. O que parece probado con certeza é que foi o autor dos ''Traballos e días'', da ''[[Teogonía]]'', que explica a orixe do universo e a xenealoxía dos deuses, e dos cincuenta e catro primeiros versos do ''[[O escudo de Heracles]]''. Xunto coas de Homero, as obras de Hesíodo converteríanse en parte do corpus fundacional da cultura grega, grazas ao seu labor de sistematización do conxunto de [[mito]]s herdados e ao inicio da súa interpretación nun sentido moral e práctico. A cultura grega caracterizaríase en todo momento pola complexa relación que mantería co conxunto de concepcións mitolóxicas e relixiosas das súas propias tradicións, tanto para rexeitalas como para reverencialas, aínda que sempre extraería de alí súas máis fecundas intuicións.
Liña 53:
[[Categoría:Poetas]]
[[Categoría:Épica]]
[[Categoría:escritoresEscritores en lingua grega]]
[[Categoría:Os dous poetas épicos]]