Conservación e restauración: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 18:
 
== Historia e ámbito de estudo ==
Pódese falar de conservación-restauración dos bens culturais dende a antigüidade ata a época contemporánea, pero dende un punto de vista teórico máis preciso son fundamentais os séculos XIX e XX, cando se definen as cartas internacionais que regulan o funcionamento da disciplina. O ámbito de estudo abarca todo tipo de bens culturais en tódalas súas vertentes, aínda que a tradición habitual ata o de agora implica que a conservación-restauración estea centrada sobre todo nos bens culturais materias de tipo moble, principalmente (escultóricos, pictóricos, arqueolóxicos, documentais, fílmicos e fotográficos, musicais. etc.).
 
== Metodoloxía ==
Liña 31:
 
== Especialidades, estudos oficiais e institucións ==
Nos centros que imparten estes estudos, así como en numerosas institucións de conservación e museus, é habitual a compartimentación en varios bloques ou especialidades. Esas especialidades dependen do material co que se traballa, do tipo de ben cultural co que se trata ou de ambas cousas: escultura, pintura, arqueoloxía, papel, tecidos, mobiliario, instrumentos musicais... A pesares de que existen importantes institucións internacionais adicadas á conservación e restauración de bens culturais (por exemplo o [https://www.iiconservation.org/ IIC]), pode dicirse que esta é unha disciplina relativamente nova, de maneira que non existe un consenso claro para este tipo de estudos no [[Espazo Europeo de Educación Superior]]. A situación é diversa dependendo do país escollido. O resultado é que en España existen titulacións de estudos superiores impartidos tanto nas universidades como nas escolas superiores, dependentes estas últimas das administracións autonómicas. Ambas titulacións son teoricamente equivalentes, pero iso non é obstáculo para que se teña producido unha importante polémica sobre a atribución do título de [[Grao académico|grao]] <ref> Esta polémica afecta, en realidade, a todas as titulacións de ensinanzas artísticas superiores do estado español. </ref>. Na Galiza o único título oficial é o impartido pola [[Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia]].
 
== Código deontolóxico ==