Lingua de sinais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Rubi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
*sistema de comunicación dos xordos profundos e dos mudos.
 
É un tipo de linguaxe que utiliza xestos e signos naturais para a expresión de ideas e sentimentos. O máis estudiadoestudado e utilizado é o A.S.L ou [[AMESLAN]] (American Sign Language). Esta linguaxe está constituída por un código de signos que se efectúan de acordodacordo con tres parámetros: configuración da man, movemento desta e lugar onde se realiza o signo. As frases prodúcense nun espacioespazo determinado: verticalmente, dende a cintura ata a parte alta da cabeza e, en sentido horizontal, esténdese algúns centímetros a cada lado do corpo. O final da frase indícase cunha pausa e as mans en posición de repouso (cerca da parte baixa onde se producen os signos). A interrogación indícase, ó final da frase, mantendo as mans en posición final e dirixíndoas cara ó destinatario, antes de volver á súa posición de repouso; pola súa vez, o rostro adopta unha actitude interrogante. A expresión facial non é exclusiva das informacións interrogativas, senón que esta, xunto co movemento e a expresión do corpo, son de suma importancia para comprende-lacomprender a frase, de tal xeito que a combinación da cabeza e a expresión facial poden indicar un sinal de subnormalidade e unha oración de relativo. A adquisición temperá desta linguaxe é positiva para o desenvolvemento cognitivo e lingüístico dos nenos xordos profundos, pero sobre todo se é acompañada da falada, é dicir, se se leva a cabo unha educación e comunicación bimodal.