Columna (arquitectura): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Columna}}
[[Ficheiro:GRX Alhambra 8855 f10.JPG|dereita|miniatura|300px|Columna de influencia islámica en [[España]].]]
Unha '''columna''' é un elemento estrutural [[arquitectura|arquitectónico]] destinado a recibir as cargas verticais dunha obra de arquitectura ([[Arco (arquitectura)|arco]], [[arquitrabe]], [[bóveda]]) transmitíndoas aos alicerces. Aínda que teña a mesma función dun [[piar]], os aspectos formais deste non están severamente determinados por un canon estilístico. O seu significado histórico e simbólico é acusado.
 
A columna adoita ter sección circular ou asimilable, podendo tamén ser [[polígono|poligonal]]. Os materiais de construción da columna poden variar moito.
 
== Compoñentes ==
A pesar de que non todas as columnas están formadas polos mesmos compoñentes, pódese facer unha subdivisión xeral en tres compoñentes ou áreas diferentes:
 
=== Base ===
[[Ficheiro:Korinthische Säulenordnung Entasis2.png|dereita|miniatura|300px|Esquema dos compoñentes dunha columna]]
A [[base (arquitectura)|base]] ('''d''' no esquema), do [[latín]] ''base'' (planta do [[pé (anatomía)|pé]]), é o punto de ligazón do [[fuste]] co [[pedestal]] ou co [[estilóbata]] do edificio. Na [[arquitectura clásica]] posúe un tratamento estético de seu, que obedece aos principios da [[orde arquitectónica|orde]] empregada. Na antigüidade clásica a base comeza cunha placa cadrada chamada '''plinto''' ('''k''' no esquema) que pode ser seguida doutros discos de perfil cóncavo ou convexo ('''l''' no esquema) e que ten por obxectivo darlle maior plasticidade visual.
 
Nas ordes clásicas a base aséntase nunha construción en chanzos chamada '''[[krepis]]''' ou '''[[estereóbata]]''' ('''a''' no esquema) cuxo derradeiro nivel é o '''estilóbata''' ('''E''' no esquema). Este derradeiro nivel contaba cunha lixeira deformación cóncava á que acompañaba unha deformación convexa do entaboamento, e que tiña como obxectivo contrarrestar a tendencia do ollo a conceder máis peso visual aos extremos dun prisma. O elemento cuneiforme que permite o correcto asentamento da base da columna sobre o estilóbata non horizontal é o '''scamillus''' ('''j''' no esquema).
Liña 17:
 
=== Fuste ===
O [[fuste]] ('''e''' no esquema), do [[latín]] ''fuste'' (pau de madeira), é o elemento vertical de apoio que constitúe a parte maior e central da columna. Liga a base co [[capitel]]. Pode ser monolítico ou estar dividido en distintos tambores, ou segmentos. No caso de que a columna só presente fuste, o extremo inferior deste chámase ''imoscapo'' e o superior ''sumoscapo''.
 
Nalgúns casos pode existir un lixeiro engrosamento central do fuste que resulta nunha xeratriz curva do cilindro. Este engrosamento chámase '''[[éntase]]''' ('''D''' no esquema). Con el o diámetro pode medrar nun terzo a súa altura para tentar reducir a distorsión óptica provocada pola posición deprimida do punto de vista do observador. Tamén son posibles outras deformacións, como a redución do diámetro nunha das extremidades do fuste (afunillamento).
Liña 41:
 
=== Capitel ===
O [[capitel]] ('''f''' no esquema), do latín ''capitellum'' diminutivo de ''caput'' ([[cabeza]], extremidade), leva a cabo a unión entre o fuste e o [[arquitrabe]] ou o [[arco (arquitectura)|arco]]) de diferente comportamento estático. Así, o capitel non só soluciona problemas técnicos, senón que asume un papel estético sendo normalmente a parte máis traballada da columna, a máis característica dunha data, orde ou estilo.
 
Segundo o momento histórico, o capitel clásico pode subdividirse nos seguintes elementos: