Palacio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Palacio Real de Madrid - 13.jpg|miniatura|350px|Palacio de Oriente, ou Palacio Real, de [[Madrid]].]]
Un '''palacio''' ou '''pazo''' é, ou foi, a residencia do [[Xefe do Estado]] ou outra figura pública de alto rango, como membros da [[nobre|nobreza]]za ou do [[Xerarquía eclesiástica|alto clero]].
 
Moitos palacios transformáronse para outros usos, como [[Parlamento]]s, [[museo]]s ou [[Hotel|hoteis]].
 
A palabra úsase tamén para describir edificios luxosos que non son, ou non foron, residencia de figuras públicas, como ''Palacio da Música'', ''Palacio da Ópera'', e mesmo non tan luxosos, como os ''Palacios de Deportes''.
 
== Etimoloxía ==
A palabra ''palacio'' provén do nome dunha das [[sete cuíñas de Roma]], o [[Monte Palatino]]. O palacio orixinal sobre o Monte Palatino era a residencia do [[Imperio romano|poder imperial]], mentres que o ''capitolio'', sobre o [[Monte Capitolino]], era a residencia do [[Senado]] e os núcleos relixiosos de [[Roma]].
 
Tempo despois a cidade medrou máis alá das sete cuíñas, porén o ''Palatino'' seguiu a ser unha zona residencial moi desexábel. [[César Augusto]] viviu alí nunha vivenda intencionalmente modesta, separada dos seus veciños só por dous loureiros plantados a un lado da entrada frontal como un símbolo de triunfo outorgado polo Senado. Os seus descendentes, especialmente [[Nerón]], coa súa "[[Domus Aurea|Casa Dourada]]" ampliou a casa e os xardíns moitas veces, até que abarcou todo o cumio da cuíña. A palabra ''Palatium'' viña a significar a residencia do emperador ou, mellor dito, a veciñanza no cumio da cuíña.
Liña 13:
== Palacio como sinónimo de goberno ==
 
A equivalencia entre ''Palacio'' con ''Goberno'' rexístrase por primeira vez nun comentario de [[Paulo o Diácono]], escrito en [[790]] a.C. describindo acontecementos dos anos 660:
 
{{cita|"Cando Grimualdo se puxo en camiño a Benevento, confiou o seu palacio a Lupus".|''Historia gentis Langobardorum'', V.xvii}}
Liña 26:
En [[Francia]] hai unha clara distinción entre un [[castelo (fortificación)|castelo]] (''château'') e un palacio (''palais''). O palacio sempre foi urbano, como o ''[[Palais de la Cité]]'' en [[París]], que foi o ''Palacio real'' de Francia e agora é a Suprema Corte de Xustiza de Francia, ou o ''Palacio dos [[Papa]]s de [[Aviñón]]''.
 
En contraste, o castelo sempre foi rural, sostido polo seu ''demesne'', aínda que actualmente non está fortificado.
 
Moitas persoas non francesas refírense ao ''[[Palacio de Versalles]]'' porque foi a residencia dos reis de Francia, e o rei era a fonte do poder, pero este edificio sempre foi coñecido polos franceses como o ''Château de Versailles'', e a casa do goberno do ''[[Antigo Réxime]]'' permaneceu como o '''''Palais''' du [[Louvre]]''.
 
Esa división conforme á súa implantación urbana ou rural non ten vixencia en España. E a nobreza galega, por exemplo, a partir do [[século XV]] transformou castelos e torres en [[Pazo|pazospazo]]s (termo que é [[cognado]] de palacio), sendo ambas as tipoloxías arquitectónicas eminentemente rurais.
 
Posteriormente, e especialmente no [[século XVIII]], moitos nobres e fidalgos galegos edificaron xa as súas vivendas como ''pazos''.
Liña 46:
{{commonscat|Palaces}}
{{wiktionary|palacio}}
 
[[be-x-old:Палац (пабудова)]]
 
[[Categoría:Palacios| ]]
 
[[bat-smg:Paluocē]]
[[be-x-old:Палац (пабудова)]]
[[eu:Jauregi (arkitektura)]]
[[nds-nl:Paleis]]