Licor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 5:
== Composición ==
A súa composición leva [[azucre]], [[xarope]], [[alcol]], amais de [[frutas]], [[plantas]], [[madeira]]s e [[herbas]], que lle dan o sabor característico de cada bebida.
Algúns licores son preparados por [[infusión]], outros fanse por [[destilación]] de axentes [[aroma|aromáticos]].
 
A distinción entre licor e [[bebida alcólica]] non é simple, especialmente porque na actualidade moitas bebidas alcólicas están dispoñibles con sabores doces. Con todo as bebidas alcólicas con sabor non se preparan por infusión. O contido de [[alcol]] non é unha característica distintiva, a maioría dos licores teñen menos graos alcólicos que as bebidas alcólicas, aínda que algúns licores poden ter ata 55 graos ([[absintio]], por exemplo).
 
== Historia ==
A destilación da auga con líquidos aromáticos coñécese dende a Antigüidade. Pensadores como [[Hipócrates]], [[Galeno]] e [[Plínio]] escribiran xa sobre o asunto. No 900 a.C. os árabes inventaran a produción do alcol por medio da fermentación. É improbable, entretanto, que isto ocorrira con cereais fermentados no norte de Europa, pouco despois dos árabes.
 
A produción de licores aconteceu despois. No inicio, só se adozaban alcoles aos cales, groseiramente, adozaban xaropes e herbas (estas, tanto para dar gusto como para fins terapéuticos).
 
Na [[Idade Media]], o viño (e máis tarde o alcol) era o principal antiséptico. As plantas, raíces e herbas inxeríanas os monxes para a cura de varias doenzas. Os alquimistas levaron esas pesquisas adiante.