Rocha sedimentaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo "soen" por "adoitan" ou "acostuman"
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:USDA Mineral Sandstone 93c3955.jpg|miniatura|Mostra dunha [[rocha]] sedimentaria preparada para a súa observación.]]
 
As '''rochas sedimentarias''' son [[rocha]]s que se forman por acumulación de [[sedimento]]s que, sometidos a procesos físicos e químicos, resultan nun material de certa consistencia. A toda esa serie de procesos de sedimentación e consolidación coñécese por [[diaxénese]].
 
Na súa formación poderíanse diferenciar catro fases:
Liña 22:
== Clasificación segundo a súa orixe: ==
* '''Rochas detríticas''' ou fragmentarias, compóñense de partículas minerais producidas pola desintegración mecánica de outras rochas e transportadas, sen deterioro químico, grazas á auga. Son carrexadas até masas maiores de auga, onde se van depositando en capas. Debido á presión exercida polo seu propio peso, os estratos inferiores van ficando compactados. As súas partículas poden estar disgregadas, semidisgregadas, compactadas por simple presión ou aglomeradas por cementos naturais. Estas rochas, chamadas tamén rochas clásticas ou de sedimentación mecánica, poden clasifícarse polo tamaño dos seus compoñentes, distinguindo entre:
** Conglomerados: as súas partículas vense a simple vista, de máis de 2  mm.
** Arenitos: os seus compoñentes teñen un tamaño menor de 2  mm.
** Rochas arxilosas: formadas por partículas diminutas, menores de 0.002  mm.
 
* '''Rochas organóxenas''', as formadas con restos de seres vivos. As máis abundantes formáronse con esqueletos baixo os procesos de biomineralización. Outras formáronse por evolución de restos orgánicos (da materia celular), e chámanse propiamente rochas orgánicas, como son o carbón e petróleo. O petróleo é a única rocha líquida.
 
* '''Rochas de precipitación química''', fórmanse por sedimentación química de materiais que estiveron en disolución durante a súa fase de transporte. Nestes procesos de sedimentación tamén podería influír a actividade de organismos vivos, en cuxo caso pódese falar de orixe bioquímica ou orgánica. Exemplos de rochas químicas son: [[xeso]], [[anhidrita]], [[calcaria]].